Mércores, 25 Xuño de 2025

Ponteareas

A Asociación de alfombristas ‘Corpus As Monxas’ participará no Encontro Virtual de Arte Efémera

A Asociación Ponteareá CORPUS AS MONXAS, participa hoxe na tradicional oitava de San Miguel, patrón da vila do Tea, dunha forma virtual. Este proxecto organizado pola Oitava Noite de Uriangato, (México) patrimonio inmaterial do mundo, realizase hoxe, día 6 de outubro, coa participación de alfombristas de todo o mundo e grazas á colaboración da Coordinadora internacional de Entidades de alfombristas de Arte Efémera.

O vindeiro venres Ponteareas celebra a gala de entrega de premios do concurso ‘Debuxa o TEuA

A concellaría de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández Davila, anima a cidadanía a asistir á entrega de premios do concurso Debuxa o TEuA organizado pola asociación 'Familias Azuis', co apoio da Xunta de Galicia, para promover o coñecemento e a concienciación sobre o autismo.

Ponteareas aproba unha iniciativa do BNG solicitando fondos para afrontar gastos derivados da COVID-19

O Pleno Ordinario da Corporación Municipal de Ponteareas vén de aprobar, cos únicos votos en contra do PP, unha iniciativa do BNG na que se reclama a tramitación urxente e extraordinaria dun Decreto por parte do goberno español que contemple fondos para que os Concellos poidan afrontar a crise sanitaria, social e económica derivada da COVID-19. Ademais, a iniciativa do Bloque solicita a derrogación da Lei 2/2012 de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, “para permitir ás entidades locais atender as competencias propias con cargo aos remanentes e superávit”

O gaiteiro Óscar Gómez ofrece un concerto este vindeiro domingo na Feira Vella de Ponteareas

Óscar Ibáñez & Tribo ofrecerán o vindeiro domingo, día 11 ás 19:30 horas no parque da Feira Vella, un concerto enmarcado no Concurso de Gaitas e que foi adiado por mor da meteoroloxía adversa. A entrada é gratuíta e brindará ao espectador a ocasión única de gozar dun dos máis afamados e recoñecidos compositores galegos.

Mañá abre o prazo para inscribirse na ludoteca municipal

A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, informa da apertura do prazo de inscrición da ludoteca para este curso 2020-2021. Mañá día 6 e o mércores día 7 de 09:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas as familias poderán inscribirse neste servizo municipal que organizará o curso en grupos e horarios en función da demanda para axudar nunha mellor conciliación laboral e familiar.

As actividades do programa ‘Mocidade Viva’ de Ponteareas sumaron preto de un milleiro de participantes neste verán

O concelleiro de Mocidade do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, valorou moi positivamente o alcance do programa Mocidade Viva salientando que “preto dun milleiro de asistentes puideron gozar da ampla e variada oferta de actividades programadas para as mozas e mozos tendo en conta as súas opinións e demandas”.

EU Ponteareas lamenta a prórroga do contrato de Viaqua

Esquerda Unida de Ponteareas lamenta que no pasado pleno do 1 de outubro, o goberno de Ponteareas acordara prorrogar o contrato da actual empresa concesionaria do ciclo da auga Viaqua. Segundo o Goberno local, isto faise porque a día de hoxe o Concello aínda non dispón da documentación que foi retirada polo xulgado no marco do caso Patos, o que impide facer os trámites necesarios para resolver o fin do contrato e decidir o "futuro da xestión".

Ponteareas da novos pasos para ser unha ‘Cidade Amiga da Infancia’

A Concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández Davila, mantivo onte unha xornada de traballo coa mesa de coordinación interna de políticas da infancia para concretar as bases do futuro Plan Municipal de Infancia e Adolescencia. Esta mesa de coordinación formada por técnicos municipais das áreas implicadas e polos técnicos responsables do proxecto estudou o informe DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) para deseñar as solucións que aproveiten ao máximo os nosos puntos fortes e recursos.

O radar ‘informativo’ da Policía Local de Ponteareas difunde os novos límites de velocidade

Durante os últimos dez días, e no marco da Semana Europea de Mobilidade, a Policía Local de Ponteareas realizou numerosos controis de radar en diferentes rúas e avenidas da localidade coma a Avenida de Galicia, o Paseo Matutino ou a Avenida de Castelao. A particularidade dos controis realizados radicou en que estaban precedidos dunha lona informativa que advertía da presenza do radar así como da limitación específica de velocidade na rúa, 20 kilómetros por hora en toda a vila agás na Avenida de Castelao, con limitación de 30 km/h.

Novas tecnoloxías, paneis informativos e mellora da sinalización para difundir o patrimonio cultural do rural ponteareán

O Concello de Ponteareas continúa desenvolvendo actuacións encamiñadas a potenciar os bens de interese cultural polos seus valores e como recursos turísticos. Neste sentido veñen de realizarse actuacións de mellora e sinalización interpretativa de seis importantes elementos do patrimonio cutural.

O pleno ordinario de setembro aprobou a bonificación do 100% da matrícula do segundo irmá/irmán matriculado na escola infantil

O Concello de Ponteareas celebrou o mércores o seu pleno ordinario do mes de setembro no que o alcalde Xosé Represas deu conta da liquidación de execución do orzamento do segundo trimestre do ano que reflicte a boa saúde e estabilidade orzamentaria que sigue a manter o Concello de Ponteareas dende o saneamento económico realizado nos últimos anos.

O Concello de Ponteareas adxudica 8.000 euros en axudas ás entidades sociais

O Concello de Ponteareas ven de conceder as axudas a entidades sociais que desenvolven actividades no municipio. Así o anunciou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, que destacou o labor que realizan os diferentes colectivos que desenvolven programas para promover o benestar social da cidadanía.