Mércores, 11 Decembro de 2024

Mañá abre o prazo para inscribirse na ludoteca municipal

O pleno da corporación municipal de Gondomar aprobou co voto a favor do goberno local, Cidadáns e o PP, e a abstención dos grupos do BNG e Manifesto Miñor, a adxudicación do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) á empresa Idades S.L por un período de dous anos e unha dotación económica de 1.300.000 euros

A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, informa da apertura do prazo de inscrición da ludoteca para este curso 2020-2021.

Mañá día 6 e o mércores día 7 de 09:30 a 14:00  horas e de 17:00 a 20:00 horas as familias poderán inscribirse neste servizo municipal que organizará o curso en grupos e horarios en función da demanda para axudar nunha mellor conciliación laboral e familiar.

Na ludoteca municipal promóvese espertar a creatividade e a curiosidade pola aprendizaxe a través de actividades e saídas lúdico-didácticas. Baixo as medidas protocolarias consonte ao Plan de Reactivación no ámbito infanto-xuvenil da Xunta de Galicia, a ludoteca ofrecerá saídas medioambientais, actividades de fabricación de xabóns ou candeas, manualidades, repostería e cociña, expresión corporal e musical, bixutería e coiro e xogos, entre outras propostas.

Se tes entre 6 e 12 anos e queres aprender xogando podes chamar ao número de teléfono 673 79 47 60.