Domingo, 20 Xullo de 2025

O Condado

‘Welcome to ma maison’, nova proxección en Ponteareas do ciclo Mestre Mateo

Nova proxección en Ponteareas do ciclo Mestre Mateo, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que traerá á vila do Tea ata novembro totalmente de balde as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego.

Salvaterra de Miño convoca axudas para a adquisición de material escolar

Un ano máis O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en xunta de gobernó local as bases para a concesión das axudas para adquisición de material escoclar infantil para o curso académico 2022/2023.

Recolle as plantas aromáticas típicas de San Xoán co Concello de Ponteareas

O Concello de Ponteareas pon en marcha a actividade ‘As plantas aromáticas no ritual de San Xoán’, unha xornada na que todas as persoas interesadas “aprenderán a recoñecer as plantas empregadas nesta noite tan sinalada.

Dores Pereira e Paula Lago presentan en Ponteareas a primeira guía expresionista das herbas de San Xoán

Aínda que guías para recoñecer as herbas de San Xoán hai moitas, ningunha se parecía á que tiña Paula Lago en mente. A arquitecta e artista convenceu á súa nai para que lle axudara nun proxecto que acabou converténdose en ‘Herbas da noite.

Ponteareas quenta motores para o XII Open Tenis Vila do Corpus

As pistas da Freixa xa están listas para acoller o XII Open Tenis Vila do Corpus, un encontro organizado polo Club Tenis Ponteareas coa colaboración do Concello que se disputará do 23 de xuño ao 3 de xullo na vila.

Mondariz mellora e amplía as instalacións de lecer para a mocidade

As obras de mellora no parque infantil de Mondariz –situado no Monte da Ovella, xunto á biblioteca pública municipal– xa foron licitadas e comezarán estes días.

A largometraxe “Welcome to ma maison” proxectarase en Redondela e Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará desde esta fin de semana, os días 18, 19, 25 e 26 de xuño, a súa cuarta sesión coa proxección nos concellos de Poio, Cambados, Ponteareas, Forcarei e Redondela da película “Welcome to ma maison”.

Concellos galegos e portugueses do Eixo Atlántico interésanse pola caldeira de biomasa de Ponteareas

Ponteareas aposta pola innovación, tamén no eido enerxético. Numerosos representantes de concellos galegos e portugueses do Eixo Atlántico estiveron este mércores na vila para manter un encontro de traballo e visitar “a caldeira de biomasa municipal".

Os afectados pola liña de alta tensión Fonte Freía-Frontera Portuguesa piden unha entrevista coa vicepresidenta do goberno

Representantes das asociacións Fonte Freía - Frontera Portuguesa (AALAT Valiñas-Pose) e Afectados pola Liña de Alta Tensión Interconexión Norte de Portugal (AALAT Rozas-Vide e Baliñas-Poste), de Sela, acompañados polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, presentaron este xoves, no Rexistro da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, un escrito solicitando unha reunión coa ministra con Teresa Ribera.

A Deputación aproba novas achegas para A Guarda, O Rosal, Ponteareas, Soutomaior e Tui

O Goberno da Deputación dará luz verde hoxe venres a un novo investimento de 1,1 millóns de euros en achegas do Plan Concellos que beneficiarán a cinco municipios da provincia, A Guarda, Ponteareas, O Rosal, Soutomaior e Tui.

Todo un verán de aventuras na ludoteca de Ponteareas

Chega a época estival e a ludoteca municipal xa ten lista a súa programación de actividades para un verán de lecer lúdico, divertido e educativo. Os meses de xullo e agosto a ludoteca abrirá de novo as súas portas a cativos de 6 a 12 anos, que poderán gozar dun verán de aventuras por grupos de idade.

Ponteareas conta cun vehículo de emerxencias co que poder actuar en zonas rurais e urbanas con dificultades

O Concello de Ponteareas recolleu este martes en Pontevedra un novo vehículo co que dotar ao servizo supramunicipal que atende emerxencias en toda a comarca.