Domingo, 14 Setembro de 2025

O Condado

Ponteareas homenaxea á escritora ponteareá Emilia Estévez Villaverde cun recopilatorio da súa obra

Con “Airiños do meu lugar e outros textos” o Concello de Ponteareas aumenta a súa colección que naceu para por en valor o traballo creativo de moitos veciños e veciñas da vila do Tea: “Creadores Ponteareáns”.

O equipo feminino do CN Ponteareas ascende a 1ª división

Hai uns días coñecíanse os resultados definitivos da 2ª división da Copa de España, a competición nacional de clubs de natación no noso país. Máis de 70 equipos femininos de todo o estado disputaban esta competición no seu novo formato, con diversas sedes autonómicas, buscando unha das 6 prazas de ascenso que daban acceso á primeira división.

A Deputación mellora a seguridade da EP-4204 nas Neves

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello das Neves para a posta en marcha das obras de mellora da mobilidade peonil na EP4204 As Neves-Estación, no seu primeiro tramo de 550 metros.

Ponteareas presenta a edición de 2023 do seu Calendario Galego

O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do Calendario Galego de Ponteareas 2023. Esta nova edición permitirá achegar á veciñanza algúns dos penedos máis coñecidos da vila, como o penedo do Equilibro ou a Pena dos Namorados, pois recolle unha escolma das propostas que participaron no concurso de fotografía ‘Pontepenedo’.

Salvaterra reparará sete casas de cultura e o edificio do Xulgado de Paz

O Concello de Salvaterra abre o proceso para contratar as obras de mellora e reparación en sete casas de cultura e no edificio do Xulgado de Paz.

Mondariz Balneario levou a peor parte do temporal da fin de semana

As brigadas de estradas da Deputación de Pontevedra atenderon durante o temporal que varreu a provincia de Pontevedra na fin de semana de Noiteboa e Nadal un total de 19 incidencias principais nas vías provinciais.

Ponteareas amosa a súa satisfacción ante un novo avance na ampliación e reforma da depuradora da Moscadeira

O Concello de Ponteareas amosou a súa satisfacción ante un novo avance nas obras de ampliación e reforma da depuradora da Moscadeira.

A humanización de nove rúas do centro urbano inclúe a creación dunha praza diante da Casa do Concello de Ponteareas

O Goberno Municipal do BNG-PSOE presentou á veciñanza e comerciantes de nove rúas da localidade os proxectos de humanización previstos para estes espazos. Trátase das rúas Concha Brey, Avenida de Galicia -na parte posterior dos Xardíns da Xiralda-, Rogelio Groba, Virxe dos Remedios, Constitución, Reveriano Soutullo, Senén Canido, Morales Hidalgo e Vidales Tomé.

As Neves e Oia, primeiros beneficiarios da Liña 3 do Plan Concellos 2023

O goberno da Deputación arranca o Plan Concellos 2023 coa aprobación das primeiras achegas da Liña 3 para a activación do emprego. A Xunta de Goberno dará luz verde este venres a un total de 422.300 euros para que os concellos das Neves, Oia, Catoira e Pazos de Borbén poidan contratar a 40 persoas para servizos municipais.

O Calendario Galego de Ponteareas descobre algúns do penedos máis coñecidos e descoñecidos do municipio

O Concello xa ten listo o Calendario Galego de Ponteareas 2023, unha nova edición na que se recollerá unha escolma das propostas que participaron no concurso de fotografía ‘Pontepenedo’.

O Concello das Neves cede temporalmente unha casa a unha familia en situación extrema

O Goberno local das Neves vén de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario, e co informe favorable dos Servizos Sociais do concello, dunha vivenda de titularidade municipal, situada na parroquia de Vide a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro.

A alcaldesa de Ponteareas logra o compromiso do delegado do Goberno para incorporar dúas novas rotondas ao proxecto da N-120

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantiveron este mércores un produtivo encontro no que participaron tamén membros do Goberno municipal do BNG-PSOE.