O Concello de Ponteareas informa da apertura da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para obter a certificación dos Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Goberno municipal do BNG-PSOE saca a licitación os traballos de drenaxe transversal na estrada municipal situada en Ponte Xil, na parroquia de Guillade, unha zona que sufriu graves danos tras unhas choivas de forte intensidade no ano 2021.
Salvaterra volta á normalidade e ías súas tradicións e festexos logo da pandemia. Este ano recupera a festividade do Entroido xa de xeito completo, para a ledicia de todos os veciños da vila.
Ponteareas prepárase para vivir un Entroido por todo o alto. O Concello deu a coñecer a programación de actividades para encher de animación as rúas da vila durante seis días.
O Concello de Ponteareas pon en marcha o Certame de poesía e relato ilustrado Emilia Estévez Villaverde, unha iniciativa coa que visibilizar a figura desta escritora pioneira ponteareá a través da palabra e da ilustración.
O Concello de Ponteareas prosegue co seu proceso de modernización electrónica para facer os servizos máis accesíbeis e doados de empregar pola veciñanza.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, asistiu onte ao acto de recepción das obras de eficiencia enerxética executadas e rematadas no Centro de Día da vila.
Hoxe rubricouse o Protocolo de colaboración a través do que se adquire o compromiso para o financiamento e execución do “Proxecto de conexión do saneamento de varias parroquias de Salvaterra de Miño ao colector-interceptor xeneral do río Caselas”.
Podemos e Esquerda Unida Ponteareas seguen co seu calendario de xuntanzas programáticas abertas a toda a poboación da vila para elaborar o programa de goberno para as eleccións municipais de maio.
O Concello de Mondariz xa ten publicadas as bases do XIV Concurso de Carrozas e Comparsas do Entroido 2023 no taboleiro de anuncios da súa Sede Electrónica (mondariz.sedelectronica.gal). O evento terá lugar o domingo 19 de febreiro pola tarde, e o prazo de inscrición no Rexistro Xeral municipal rematará o venres 17 de febreiro, ás 14:00 horas.
O Goberno municipal do BNG-PSOE de Ponteareas valora positivamente o reforzo de seguridade viaria anunciado polo Goberno do Estado para a N120. A Delegación do Goberno anunciou o reforzo da sinalización de todo o tramo urbano de Ponteareas mediante a disposición de novas sinais luminosas adicionais ás xa existentes e a disposición da sinalización horizontal consistente en dentes de dragón e liñas quebradas para mellorar a percepción dos condutores e condutoras de tramos especialmente sensíbeis
O Concello de Ponteareas conta cunha mestra composteira para o proxecto de actuación en materia de residuos que levará a cabo o municipio. Contratada ata agosto de 2024 con posibilidade de prórroga durante un ano máis, a mestra composteira é persoal laboral interino e a súa conta cunha subvención ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra para sufragar parte do custo salarial.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.