Domingo, 14 Setembro de 2025

O Condado

Ponteareas mostra cómo será a cobertura da Praza da Música

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, presentou o anteproxecto de cobertura da Praza da Música situada sobre o Auditorio Municipal, que inclúe tamén importantes remodelacións interiores.

Ponteareas toma a palabra para homenaxear a Rosalía

Ponteareas toma a palabra para conmemorar a figura de Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento o vindeiro 23 de febreiro. Xunto ás tres xornadas de música e teatro ao abeiro do festival Convergencias Galicia-Portugal co que homenaxear á escritora galega e a José Afonso, coincidindo co Día de Rosalía o Concello organiza tamén unha xornada repleta de actividades nas que os contos ou a poesía serán os grandes protagonistas.

Homenaxe en Ponteareas ao mestre Rogelio Groba

Ponteareas quere render unha sentida homenaxe a un dos seus fillos predilectos, o músico e compositor Rogelio Groba Groba. O vindeiro 25 de febreiro, a Orquestra da Cámara ofrecerá un emocionante concerto na igrexa do Convento de Canedo baixo a batuta do fillo do mestre Groba, Rogelio Groba Otero.

Ponteareas organiza un novo curso de autodefensa para mulleres

O Concello de Ponteareas pon en marcha un novo curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

Ponteareas ultima a mellora dun último tramo na estrada que conecta Ganade coa N-120 en Areas

O Concello de Ponteareas ultima o proxecto de reforma integral da estrada de Ganade, na parroquia de Areas, ata a súa conexión coa N-120, cunha derradeira fase de mellora de rede de pluviais e pavimentación da estrada xeral ata a nacional.

Ponteareas inicia as obras dun novo parque na rúa Sarmiento Rivera

As obras do novo parque situado na rúa Sarmiento Rivera iniciáronse esta semana cos traballos de roce e selección do arborado, así como co baleirado da construción que será obxecto de rehabilitación para uso público.

Ponteareas chega ao Entroido doando sangue

O Entroido chega a Ponteareas cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que estará na vila os días 16 e 17 de febreiro a disposición de todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade.

O alumnado do obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós’ fórmase en linguaxe de signos

A nova edición do obradoiro de emprego dual ‘Coidar de Nós’, do Concello de Ponteareas, segue traballando a prol da inclusión, non soamente laboral dos seus veciños, senón tamén social. Por primeira vez, o alumnado da especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e institucións sociais recibe formación específica en linguaxe de signos.

Xa están abertas as inscricións para o V Trail Orixes Mondariz

O vindeiro 6 de maio terá lugar a quinta edición do Trail Orixes Mondariz, unha carreira a pé polos montes de Mondariz, Fornelos de Montes e Covelo organizada polo Concello de Mondariz coa estreita colaboración da Asociación Deportiva Mondariz.

O Ministerio licita obras de saneamento ligadas á ampliación da depuradora de Ponteareas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica sacou a licitación a execución das obras de mellora dos interceptores xerais de Ponteareas, unhas obras de saneamento que forman parte do proxecto de ampliación da depuradora da Moscadeira.

Mondariz, preocupado pola afectación do plan de humanización de Mondariz Balneario

O Concello de Mondariz enviou esta semana unha solicitude de información ao veciño Concello de Mondariz Balneario para avaliar a afectación que pode ter o proxecto de recuperación do espazo público na contorna dos hoteis de Mondariz Balneario na vía de acceso principal á parroquia de Vilar pola estrada provincial EP-4401.

A antiga escola unitaria de Vilasobroso convertirase no epicentro social e cultural da parroquia

Xa queda menos para que a antiga escola unitaria de Vilasobroso se converta nun edificio multiusos do que poidan desfrutar todos os veciños e veciñas de Mondariz. O deputado provincial Santos Héctor, o alcalde de Mondariz, Emilio Barros, e o alcalde pedáneo de Vilasobroso, Alexandre Estévez, visitaron as obras de reforma deste centro unitario.