Sábado, 13 Setembro de 2025

O Condado

A marcha nórdica mantense a bo ritmo en Ponteareas

A marcha nórdica avanza a bo ritmo en Ponteareas. Cerca de vinte persoas participaron nas últimas dúas sesións de iniciación de aprendizaxe da técnica postas en marcha polo Concello que se celebraron a pasada fin de semana en colaboración coa Asociación Cultural San Nicolás na Casa Cultural de Prado.

SOS Fonte de Troncoso pide aos partidos políticos de Mondariz Balneario que declaren a vila como BIC

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou no BOE, o pasado día 12 de abril, unha convocatoria de bases reguladoras para o "Programa de mejora de la competitividad y de dinamización del Patrimonio Histórico con uso turístico".

Este venres máis de 20 stands amosarán o lado máis científico do alumnado ponteareán

A Semana das Ciencias pecha este venres, 21 de abril, a súa sétima edición coa celebración da Feira das Ciencias. Máis de vinte stands de todos os centros educativos de Ponteareas amosarán o alto grao de curiosidade da infancia e da mocidade

Chea a Ponteareas o humor con ‘Cómicas, habelas hainas’

O ciclo de humor ‘Cómicas, habelas hainas’ chega esta fin de semana a Ponteareas cunha divertida proposta que visibiliza o talento feminino no sector e normaliza a presenza das mulleres nos circuítos humorísticos.

A residencia de maiores de Ponteareas será rehabilitada integralmente

Ponteareas acaba de conseguir unha subvención de case 638.000 euros de fondos europeos para a rehabilitación da residencia de maiores, mellorando prestacións e reorganizando espazos deste inmoble construído en 1979.

Esta fin de semana celebrarase o IV Festival de Bandas Infantís de Xinzo

Este sábado 22 de abril celébrase o IV Festival de Bandas Infantís de Xinzo co que os músicos máis pequenos volverán ser os protagonistas un ano máis. A cita terá lugar no auditorio do Centro Cultural da parroquia pontareana ás 18:00 h.

O grupo de teatro ‘Pena do Equilibrio’ ponse mans á obra en Ribadetea

O programa Cultura24 recala esta fin de semana en Ribadetea. O vindeiro domingo 23 de abril o grupo de teatro ‘Pena do Equilibrio’ subirase ao escenario na Casa Cultural desta parroquia para representar a súa obra ‘Ladrillos’.

A Banda de Música Unión de Guláns pon a nota artística esta fin de semana en Arcos

O programa Cultura24 segue achegando novas actividades culturais e de lecer ás parroquias de Ponteareas. O vindeiro domingo 23 de abril a Casa Cultural de Arcos acollerá a actuación da Banda de Música Unión de Guláns.

Ponteareas estará presente no Consello Autonómico de participación infantil e xuvenil

O Concello de Ponteareas estará presente no Consello Autonómico de participación infantil e xuvenil. Juan Vázquez, estudante do CPR La Inmaculada e integrante do grupo de participación infantil e xuvenil de Ponteareas ‘Mentes Novas’, dará voz á vila na sesión de constitución deste consello.

A VII Semana das Ciencias arrinca coa presentación da existosa iniciativa Youtubeiras.gal

O auditorio municipal de Ponteareas abre as súas portas á sétima edición da Semana das Ciencias de Ponteareas. Baixo o título “Ciencia e Comunicación” acollerá durante cinco días obradoiros, conferencias, mesas redondas, seminarios, xogos, visitas guiadas e unha feira como colofón final e escaparate da sabedoría científica da comunidade educativa da vila.

Salvaterra únese ao reto

Salvaterra comezou onte venres coa campaña de Ecoembes "Únete ao reto", que ten como obxectivo fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos.

Ponteareas dálle voz ás mans do Corpus

Ponteareas pon en valor o traballo colectivo, o esforzo e a singularidade das súas alfombras e do seu Corpus.