Sábado, 13 Setembro de 2025

O Condado

O V Trail Orixes Mondariz remata o prazo de inscrición con número récord de participantes

O Trail Orixes Mondariz, organizado pola Asociación Deportiva Mondariz e o Concello de Mondariz, rexistrou na súa quinta edición un número récord de 748 inscricións nas diversas categorías.

Esther Sestelo Longueira enxalza o Corpus e as alfombras florais de Ponteareas no seu novo libro

O Corpus Christi de Ponteareas segue estando moi presente na literatura. A musicóloga e historiadora Esther Sestelo Longueira, pregoeira do Corpus o pasado ano, presentará na vila o seu novo libro, unha novela de literatura infantil e xuvenil na que a autora a través da súa personaxe principal, Clara, divulga e enxalza a festividade do Corpus Christi de Ponteareas e as súas alfombras florais.

Ponteareas abre as portas da súa aula CeMIT en maio ás novas tecnoloxías

A aula CeMIT de Ponteareas abre as súas portas durante o vindeiro mes de maio con unha ampla programación de cursos e actividades de balde para iniciar á veciñanza nas novas tecnoloxías e ir reducindo de forma paulatina a fenda dixital.

Chega a Ponteareas ‘Xeración D’, a campaña itinerante para impulsar as competencias dixitais

Ponteareas acolle a vindeira semana a visita dunha unidade móbil de ‘Xeración D’, unha campaña itinerante que busca impulsar o desenvolvemento das competencias dixitais a través de xogos e actividades que permitirán ás persoas participantes afondar nas súas habilitades dixitais, sacarlles partido e coñecer novas ferramentas que axudan a melloralas

O Rock in Río Tea presenta un cartel explosivo

O Rock in Río Tea volve á Feira Vella cunha morea de propostas de balde coas que facer bailar e desfrutar da música ao público. O festival conta co financiamento do Concello de Ponteareas, que incrementa este ano o seu apoio e a súa aposta pola música e a cultura.

Licitadas as obras da PO-400 ao seu paso por Crecente, As Neves e Arbo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente, cun investimento de 3,3 M€.

Ponteareas recupera a romaría da Picaraña

A romaría da Picaraña volve esta fin de semana a Ponteareas recuperando tradicións que non se celebraban dende a pandemia: as andainas dende as parroquias.

Aberta a inscrición para as probas do conservatorio de Ponteareas

O Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas quenta motores para o vindeiro curso 2023/2024. As persoas interesadas en desenvolver as súas inquietudes musicais terán ata o vindeiro 5 de maio para inscribirse nas probas de acceso.

Os 80 mellores nadadores de toda Galicia enfróntanse en Ponteareas

Unha competición coas e cos mellores entre os mellores. Así será o Campionato Norte-Sur de natación, que disputará este sábado 29 de abril a súa segunda edición e reunirá na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino ás e aos 80 mellores nadadores de Galicia, 40 da zona norte e 40 da sur.

Ponteareas dá luz verde ao Ciclo Integral da Auga, que garante investimentos millonarios en saneamento no rural

O pleno aprobou de forma definitiva o anteproxecto de explotación do Ciclo Integral da Auga de Ponteareas para o servizo de abastecemento de auga, saneamento e depuración da vila, unha nova concesión que reportará grandes beneficios para o municipio. “A empresa concesionaria deberá investir en mellorar e ampliar as infraestruturas que, xunto á ampliación da depuradora, permitirán que o saneamento chegue a esas 19 parroquias que aínda non o teñen”, salientou a alcaldesa, Cristina Fernández.

Tarde de comedia en Prado co grupo de teatro ‘Pedra do Equilibrio’ e o programa Cultura24

O programa Cultura24 regresa de novo esta fin de semana as parroquias de Ponteareas con risas a esgalla. Ao abeiro desta iniciativa, o Concello levará este domingo 30 de abril ao escenario do Centro Cultural de Prado a obra ‘Ladrillos’, un novo enredo cómico co que o grupo de teatro ‘Pedra do Eequilibrio’ fará gozar ao público.

Cristina Fernández presenta “o mellor equipo” para que Ponteareas siga avanzando nas mellores mans

A alcaldesa de Ponteareas e candidata do BNG, Cristina Fernández, deu a coñecer a relación dos once primeiros postos da candidatura ás eleccións municipais, o número de concelleiras e concelleiros preciso para obter a maioría absoluta nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio.