Luns, 23 Xuño de 2025

O Condado

Alberto Vilas presenta en Salvaterra de Miño o seu novo traballo

Cunha temática baseada na música popular galega Alberto Vilas presenta o seu novo traballo baixo o título “Once cancións e unha danza”.

Mondariz realizará diferentes actuacións na nova área de deporte urbano

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda de preto de 70.000 euros para que o Concello de Mondariz poida poñer a punto o recinto no que se está a construír unha nova área de deporte urbano.

Finalizan en Salvaterra o campus de conciliación e os cursos de natación

Chega o momento de despedir o mes de agosto e con el as actividades e programas de conciliación que ofertou o Concello de Salvaterra de Miño durante os meses do verán.

O goberno de Ponteareas traballa no saneamento, o Centro de Saúde e a mellora do complexo deportivo pese ás trabas da oposición

Na noitiña de onte, a corporación municipal de Ponteareas reuniuse en pleno ordinario. Un dos puntos a tratar foi a proposta para a mellora das instalacións do Complexo Deportivo Álvaro Pino así como a subvención do prezo que están pagando algúns clubs por adestrar en ditas instalacións á empresa concesionaria INSDEGA.

Salvaterra pon a punto os centros educativos para o vindeiro curso

O Concello de Salvaterra de Miño realizou unha inversión de case 20.000 euros para preparar os centros educativos de cara o regreso ás aulas.

Instalada a pasarela da senda que une Oleiros con Leirado

Xa está rematada a instalación dunha pasarela na estrada PO-402 na senda entre Oleiros e Leirado. A senda, unha obra da Xunta de Galicia que unificará as parroquias de Oleiros, Fiolledo, Corzáns e Leirado.

Éxito da sexaxésimo cuarta edición da Festa do Viño do Condado do Tea

Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebrou a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea coa visita de público que proviña non só da nosa provincia senón doutros puntos da comunidade e tamén da península.

Ponteareas presenta o programa das festas de setembro

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, presentou o cartel das festas de setembro, A Nosa Señora dos Remedios e San Miguel.

Salvaterra triunfa no Cantabria o TOP TTR solares de bádminton

A pasada fin de semana celebrouse en Cantabria o TOP TTR solares de bádminton en distintas categorías, onde catro nenos salvaterrenses volveron destacar facendo unha brillante competición.

Éxito do Campionato Galego de Pumptrack en Mondariz

Este sábado disputouse en Mondariz o Campionato Galego de Pumptrack, nun circuíto asfaltado e construído hai 2 anos, onde toda a semana foi un non parar de riders adestrando para o Campionato.

Miguel Mon doa ao Museo da Ciencia e do Viño unha botella da adega familiar de 1887

O Museo da Ciencia do Viño en Salvaterra de Miño acaba de recibir unha importante doazón. Trátase dunha botella do ano 1887 “Chateau Teanes – Marca Mon” que pertencía a familia Mon e que provén da Quinta de Teanes en Oleiros.

A Xunta elimina un tramo de concentracion de accidentes na PO-403 en Ponteareas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas, cun investimento de máis de 575.000 €.