Luns, 7 Xullo de 2025

O Condado

A rápida intervención da Policía Local de Ponteareas evita a propagación dun incendio nun hotel da vila

O dispositivo especial de vixilancia nocturna da Policía Local de Ponteareas do pasado sábado permitíu actuar con rapidez nun incendio declarado no Hotel Condado da localidade sobre a 1:30 da madrugada, hora en que as dúas patrullas da Policía Local recibiron unha chamada alertando da existencia dun incendio no hotel e dunha persoa atrapada que pedía auxilio.

Arrancan as obras de reforma e acondicionamento das instalacións do Campo Municipal de Dextros

O Concello de salvaterra de Miño ven de firmar un un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para cofinanciar e levar a cabo diversas obras de reforma e mellora nas instalación do Campo Municipal de Dextros, solicitadas tanto pola Sociedade Deportiva Salvaterra como polos propios afeccionados, e as cales a rexidora municipal se comprometeu dende un primeiro momento co fin de telas finalizadas antes de que empece a nova tempada.

Mondariz continúa sen orzamentos municipais actualizados

O goberno de Mondariz levou este venres ao Pleno da Corporación Municipal a súa proposta de Orzamento Xeral para o exercicio 2020, despois de varios meses de conversas cos diferentes grupos políticos. A proposta, que era austera pero incluía partidas para facer fronte a obrigas financieiras do Concello tan importantes como a débeda acumulada desde 2017 coa Xunta de Galicia pola xestión do Centro de Día, non foi aprobada polos votos en contra de Alternativa por Mondariz e Partido Popular, que superaron aos votos a favor de BNG, PSOE e Ciudadanos.

Adegas ‘La Val’ entrega a recadación íntegra do seu ‘La Val Solidario’ á asociación ‘Alento’ de Vigo

Adegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, fixo entrega onte aos representantes de ALENTO (Asociación de Dano Cerebral Adquirido da provincia de Pontevedra) dun cheque polo importe íntegro resultante da venda das 200 botellas da III Edición Limitada do seu albariño 'La Val Solidario 2019'.

Salvaterra de Miño restaura e amplía o espazo de recreo infantil do Parque de A Canuda

O Concello de Salvaterra de Miño aproveitando o peche do parque por mor da pandemia, e co afán de continuar coas melloras das infraestruturas que se prestan, ven de empezar as obras de restauración do parque infantil da Canuda por un importe total de 48.335,98€, dos cales 33.835,19 están financiados a través da subvención de Vicepresidencia da Xunta de Galicia para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020, e o resto, 14.500,79€ están financiados con fondos propios.

A Corporación Municipal de Ponteareas aproba por unanimidade a moción da veciñanza de Ribadetea sobre o saneamento da parroquia

No pleno ordinario do Concello de Ponteareas, celebrado o pasado 28 de xullo, a totalidade dos concelleiros da Corporación Municipal votaron a favor dunha moción presentada pola Plataforma veciñal de Ribadetea, na que se acordou esixirlle á Xunta de Galicia que elabore o proxecto de execución da totalidade do saneamento da parroquia, así como "que cumpra o seu compromiso de aportar o 80 % do seu custo".

O Campus Tea fai unha xincana fotográfica na vila e visita o Muíño de Cepelo en Guláns

Setenta cativos e cativas de entre 3 e 12 anos participan nestes días na segunda quenda do campamento Campus Tea e Verán Rural 2020 organizado pola Concellería de Ensino de Ponteareas. Na actual situación sanitaria debido a COVID-19, estanse a tomar todas as medidas preventivas, sanitarias e hixiénicas precisas, así como a división en grupos reducidos e pechados a fin de preservar a saúde das persoas usuarias, pero mantendo o espírito das actividades como noutros anos e sobre todo poder dar un servizo que permita ás familias a conciliación laboral.

O torreiro de Celeiros, Ponteareas, acolle a actuación da Agrupación Folclórica Algazara

A agrupación folclórica Algazara actuará no torreiro de Celeiros hoxe sábado día 1 ás 20 horas dentro da programación de Cultura 24, unha iniciativa que posibilita unha programación estable ao longo de todo o ano nas casas e centros culturais das parroquias.

As Neves recibe unha axuda da Xunta para a posta en Marcha de programas de conciliación

A Xunta de Galicia financiará programas de conciliación no Concello das Neves, ademais doutros 4 concellos da área territorial de Pontevedra, logo de que a Administración autonómica ampliara esta liña de axudas destinada aos concellos.

Obradoiro de cócteles sen alcol en Ponteareas

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, organiza mañá sábado, 1 e agosto no mercado municipal, o obradoiro de...

A Policía Local denuncia oito locais de ocio nocturno por numerosas infraccións

A Policía Local, a través de dúas patrullas, desenvolveu a pasada fin de semana un dispositivo especial de control de locais de ocio nocturno, terrazas, botellóns e uso de máscaras ademais de realizar controis de alcoholemia e drogas.

O programa “Mocidade Viva” propón quince actividades durante o verán en Ponteareas

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, vén de dar conta das actividades que conforman o programa “Mocidade Viva” durante o verán de 2020. Bouzó sinalou que “son quince accións que se desenvolven ao aire libre mantendo as medidas de seguridade e buscan cubrir as necesidades de formación e lecer das mozas e mozos da nosa vila durante o verán.”