O Concello das Neves está a investigar a procedencia e autoría dun verquido na zona do Pousadouro. No lugar hai unha rotonda con cinco vías, unha área para xantar ao aire libre, o paso do Camiño dos Frades e o acceso ao concorrido Miradoiro de San Nomedio.
O auditorio municipal acolle o domingo 30 de agosto a representación da obra “Gran gala de Circo”. Un espectáculo de PistaCatro que se inscribe dentro da fórmula do cabaré colectivo, espectáculos de variedades onde se misturan números de humor, monólogos, acrobacias e pasos de claqué.
Hai unhas semanas, o Goberno municipal das Neves mantivo contacto co xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar da retirada da torre de Fenosa, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da nova Escola de Educación Infantil.
A Concellaría de Cultura, dentro do programa Cultura24, leva teatro e música a diferentes parroquias do Concello para que toda a familia goce coas agrupacións de teatro e música do noso concello.
O Concello de Ponteareas concedeu este xoves 150.000 euros en axudas ás traídas veciñais de 10 parroquias. Así o anunciou o Alcalde Xosé Represas que destacou a labor que realizan as comunidades de augas para que a grande maioría dos veciños e veciñas do rural conten con este servizo básico.
“Musigal”, o programa cultural da Deputación de Pontevedra, continúa espallando a música galega cun concerto que se desenvolverá este sábado 29 de agosto ás 22.30 horas na Alameda Talo Río, no concello de Soutomaior. Nel participará o grupo Óscar Ibáñez & Tribo, o expoñente do folk galego capitaneado polo gaiteiro natural de Poio, Óscar Ibáñez.
Mañá venres 28 de agosto haberá unha nova xornada de parkour. O encontro terá lugar ás 20:00 horas, no parque Ferro-Ucha. As anteriores xornadas do programa foron todo un éxito e tiveron unha alta participación. Por iso, a Concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza un novo obradoiro.
Desde hai décadas un gran número de pasos de peóns da vila de Ponteareas non cumpre coas condicións de visibilidade esixíbeis ao contar con atrancos visuais ao seu carón como vehículos estacionados ou colectores de lixo que non permiten observar con antelación dabondo ás persoas que se dispoñen a cruzar a calzada.
Dentro da programación de voluntariado ambiental xuvenil da concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó realizarase unha nova xornada de limpeza do río Tea este venres día 28.
O Concello de Salvaterra de Miño ven de asinar coa empresa COVSA o contrato de mellora da seguridade víal entre Salvaterra e Oleiros a través da construción de senda nas estradas Po-400, PQ 1+110 – 2+380 e PO-402, PQ 0+000 – 0+140, que une o núcleo urbano de Salvaterra co núcleo poboacional das Zacoteiras en Oleiros, por un importe de 435.650,08€
A rúa Redondela contará con 38 árbores de grande porte e folla caduca que mellorarán ambientalmente e sombrearán os case 300 metros deste vial. Así se contempla no proxecto de humanización cuxas obras comezaron recentemente. Até agora a rúa dispuña nunha marxe de 6 aligustres de pequeno porte e noutra de 9 falsas acacias, situadas a maioría en beirarrúas estreitas, atrancando o paso peonil, e colocados debaixo dos aleiros ou dos balcóns das vivendas de maneira que non podían desenvolverse nin ofrecer sombra.
Unha colisión entre un coche e un camión deixou tres feridos en Ponteareas.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse na A-52, ao paso pola parroquia de Guláns, cando pasaban uns minutos da unha desta tarde.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.