Venres, 4 Xullo de 2025

O Condado

Represas lembra que a caldeira de biomasa “substitúe a cinco de gasoil moi contaminantes”

O Alcalde Xosé Represas expresou o seu “respecto” cara as persoas que de boa fe se poden manifestar contra a caldeira de biomasa e animounas “a confiar nun goberno que ten no seu ADN a defensa do medioambiente, da calidade de vida e da saúde. A nosa traxectoria de décadas de compromiso e activismo ecoloxista é sobradamente coñecido en Ponteareas”, engadíu o rexedor local.

A ‘Asociación de veciños Ponteareas saudable’ convoca unha manifestación contra a caldeira de biomasa

A recen creada 'Asociación de veciños Ponteareas saudable' nacida, segundo os promotores "defender e xestionar" a solución dos problemas derivados da instalación dunha caldeira de biomasa na rúa Vidales Tomé, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro venres, 18 de setembro, ás 20 horas dende a Praza Maior ata a Casa do Concello.

Balneario de Mondariz propón cinco formas de tomar un baño “cheo de saúde” para estrear o outono

A auga mineromedicinal é para Balneario de Mondariz o seu pasado, o seu presente e o seu futuro. Esta auga que cumpre agora 147 anos, desde a súa declaración de augas de Utilidade Pública polo Goberno español, e que segue regalando aos clientes desta vila termal os beneficios do gas carbónico, do bicarbonato, do calcio, do sodio e firo que confiren á mesma unha serie de beneficiosas características tales como: problemas dixestivos, dermatolóxicos, respiratorios, reumáticos, psicolóxicos e unha longa lista de virtudes terapéuticas e preventivas.

O plan ‘DepoRemse’ da Deputación leva a Ponteareas un novo espazo urbano do século XXI na contorna dos principais equipamentos da vila

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e o alcalde de Ponteareas Xosé Represas veñen de visitar as obras de transformación da contorna da piscina municipal, do centro deportivo Álvaro Pino e do centro de saúde que nun prazo de tres meses van configurar un renovado espazo, propio do século XXI, no acceso á vila.

Nace en Ponteareas a asociación “Móvete polo TDAH”

A Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, presentou a asociación “Móvete polos nosos fillos”, que nace para loitar pola visibilidade e polos dereitos das persoas afectadas polo trastorno de aprendizaxe TDAH nas comarcas do Condado, da Paradanta e da Louriña.

Este venres comeza a andaina de Noelia Porto no ‘Recantos’ do ‘Luar’ da TVG

Este venres 18 de setembro, comeza a andaina da ponteareá Noelia Porto nos 'Recandos' da TVG. Este venres a cantante de Guláns cantará xunta a súa compañeira representante das Terras de Compostela e o farán, tal e como marca a dinámica do programa, primeiro unha canción individual cada unha delas e logo unha a dúo.

O Badminton volve a Ponteareas logo de máis de sete meses sen competición

Despois de máis de sete meses sen competición oficial federada de Bádminton debido á pandemia da COVID-19, onte domingo volvía o Badminton en partido oficial ao pavillón municipal do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas.

Comeza o programa de formación para o Comercio Local impulsado polo Concello das Neves

Consciente das tendencias de consumo actuais, cada vez máis dixitais, e da aceleración desta tendencia coa chegada da Covid-19, dende o goberno local desenvolveuse un programa formativo para o comercio local, co obxectivo de promover a súa transformación estratéxica e dixital, con formación, asesoramento e apoio no novo escenario post-Covid.

O CNPonteareas consegue un total de 14 medallas e álzase coa victoria na categoría Máster no Campionato Galego de Natación en Augas abertas

Onte domingo, día 13, disputouse no encoro do Pontillón (Pontevedra) o IV Campionato Galego de Natacion en augas abertas. Tratábase da 1.ª proba oficial en augas abertas que se celebraba en Galicia tras o parón das competicións ocasionada pola Covid-19. A temperatura da auga non permitiu o uso de neopreno. O formato da proba e os/ as nadadores/ as adaptáronse ao protocolo establecido pola organización para previr o contaxio da Covid-19.

Comeza ‘Dixitaliza o teu negocio’ o programa do Concello de Ponteareas para implantar novas estratexias no contexto da pandemia da COVID-19

O Concello de Ponteareas presentou este xoves a iniciativa ‘Dixitaliza o teu negocio’, con plans de formación e asesoramento individualizado para os comercios de Ponteareas e a planificación de estratexias empresariais adaptadas ao novo contexto provocado polo coroavirus. O plan, que inclúe tamén unha plataforma escaparate para o comercio de Ponteareas, “vai orientar e facilitar aos comercios a mellora do seu posicionamento online, permitindo coñecer todas as alternativas para que cada un escolla o seu método de dixitalización” explicou a concelleira de Promocion Econónmica, Eva Gil.

A Biblioteca «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz acolle unha xornada sobre ‘aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal’

A Biblioteca Pública Municipal de Mondariz acollerá, o sábado 3 de outubro unha xornada técnica sobre "Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético". A inscrición permanecerá aberta ata o día 29 de setembro e o aforo estará limitado a 12 persoas.

O sábado preséntase en Ponteareas a asociación ‘Móvete Polo TDAH’

A concelleira de Educación e tenenta de alcalde do Concello de Ponteareas, Cristina F. Davila convida a toda a cidadanía a asistir ao acto de presentación da asociación "'Móvete polo TDAH' que terá lugar mañá sábado ás 17 horas na Praza Maior de Ponteareas.