Sábado, 5 Xullo de 2025

O Condado

A Xunta oferta 354 prazas públicas en escolas infantís para o curso 2021/2022 nas bisbarras da Paradanta, Baixo Miño e O Condado

A Xunta de Galicia vai ofertar 354 prazas públicas autonómicas na rede de escolas infantís A Galiña Azul nas bisbarras de Baixo Miño, Condado e A Paradanta para o vindeiro curso 2021/2022 tras a correspondente publicación da planificación de centros.

Ponteareas acolle este domingo o Torneo TTR sub 11 e absoluto de bádminton

O Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acollerá este domingo 28 de marzo o Torneo TTR nas categorías sub 11 e absoluta de bádminton, que se disputará a porta pechada e seguindo os protocolos sanitarios correspondentes.

Luis López salienta “o traballo, a especialización e a innovación” do CIFP ‘A Granxa’ de Ponteareas

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitou onte o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Granxa de Ponteareas, un dos vinte que hai en Galicia, e destacou o compromiso do Goberno galego na modernización destas ensinanzas para adaptalas ás demandas e necesidades laborais das empresas.

Un colector amarelo xigante na rúa Rogelio Groba explica como superar o reto “recicla, respira e supérate”

Durante estes días, un colector amarelo grandes dimensións está exposto en Ponteareas, actuando de expositor efémero para explicarlle á cidadanía como reciclar adecuadamente no colector amarelo e así superar o reto “Recicla e Supérate”.

O Sergas remata a reforma integral e ampliación de espazos e servizos do centro de saúde de Mondariz-Balneario

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de rematar as obras de reforma integral e ampliación de espazos e servizos no centro de saúde de Mondariz-Balneario, que contaron cun investimento de 115.000€ ao abeiro dun convenio entre o Goberno galego e o Concello.

Ponteareas lanza a plataforma escaparate ‘Fai Ponte Con Nós’ para a promoción do comercio local

Ponteareas vén de estrear escaparate.ponteareas.gal, unha novidosa plataforma escaparate para o comercio local coa que o Concello busca apoiar á veciñanza e ao comercio de proximidade nestes tempos de cambio.

Ponteareas deu a coñecer as persoas gañadoras do concurso #TikTokTea

Ponteareas entregou os premios do concurso #TikTokTea, nun acto no que se deron a coñecer as persoas gañadoras de entre as 19 propostas presentadas ao certame.

Ponteareas pecha as súas contas en positivo por cuarto ano consecutivo, tras décadas de bancarrota

O Concello de Ponteareas encadea xa catro anos consecutivos en números verdes, tras facer oficial onte que o exercicio 2020 se pechou cun resultado positivo de máis de 200.000 euros. Este resultado revela que unha vez máis o Concello ingresou máis do que gastou.

Salvaterra de Miño – Cidade 30

O Concello de Salvaterra de Miño adheriuse o 27 de xullo do 2020 á rede de Concellos Ágora polo Espazo Público, que pretende ser rede de acción institucional entre a Deputación e os municipios da provincia para realizar políticas de recuperación do espazo público co obxectivo principal de multiplicar o espazo destinado ás persoas no horizonte de 2023.

Gondomar e Condado levan as preseleccións

O campionato de preseleccións celebrouse o pasado sábado 20 de marzo en Redondela, baixo a organización do Club Patinaxe Artístico Condado, con todas as medidas e protocolos adoptados pola Federación Galega de Patinaxe para facer fronte á situación epidemiolóxica.

Unha muller chama ao 112 Galicia para que a rescaten do interior dun pozo en Ponteareas

Unha veciña do lugar das Penas, en Ponteareas, chama ao 112 Galicia para pedir un rescate tras caer ao interior dun pozo. Así o explicou a propia afectada na súa comunicación co servizo de emerxencias cando apenas pasaban uns minutos deste mediodía.

O PP de Ponteareas solicitará unha alternativa na N-120, entre a rotonda de Canedo e Barral, que non perxudique aos negocios e residentes

O Grupo Municipal do PP presentou por rexistro unha solicitude de información en referencia ao pintado de liña continua levado a cabo na N-120, nun tramo moi amplo, entre a rotonda de Canedo e o Barral, no que se atopan numerosos negocios que ven enormemente prexudicados pola nova sinalización.