O Concello sacou a licitación as obras de substitución parcial do material da cuberta da piscina municipal de Ponteareas, integrada no Complexo Deportivo Álvaro Pino, un edificio construído hai 26 anos e que presenta “un deterioro en parte das súas instalacións polo paso do tempo”.
O próximo 24 xuño dará comezo en Ponteareas o XI Open Tenis Vila do Corpus organizado polo Club Tenis Ponteareas nas pistas da Freixa. O torneo, todo un clásico no sur da provincia, disputarase durante unha semana e media ata o 4 de xullo e o club xa ten aberta a inscrición.
A pasada fin de semana, 12 e 13 de xuño, o complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acolleu o Campionato Galego Máster de natación, unha cita na que se deron cita preto de 250 nadadores e nadadoras de 25 clubs galegos. Era esta á única cita autonómica da categoría esta tempada, logo da cancelación, por motivos sanitarios, do campionato galego de inverno o pasado febreiro.
Gran nivel competitivo no Campionato Galego Máster de natación, celebrado a pasada fin de semana en Ponteareas, e no que as nadadoras e nadadores galegos rexistraron varios récords.
O portavoz de Alternativa por Mondariz (AporM) Xoán C. Montes Bugarín Calis, vén de censurar a actuación do Goberno municipal por amorear varios camións cargados de rodas, pedras, ramas e podas no patio de recreo da Escola Municipal de Música.
O Concello de Ponteareas colaborou co Plan de Emprego de Cruz Vermella e a empresa Smurfit Kappa para a posta en marcha dunha acción formativa coa que se busca favorecer a integración das mulleres no mercado laboral.
Ponteareas acolle esta fin de semana unha nova sesión de teatro. A Concellería de Cultura trae este sábado 19 de xuño (20.30 horas) á sala de usos múltiples do auditorio municipal a obra O mozo da última fila, de Redrum Teatro.
Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz veñen de reunirse novamente para tratar o delicado asunto das Piscinas Municipais para este verán.
O Concello de Ponteareas sumouse este luns 14 ao chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para realizar unha concentración silenciosa en sinal de repulsa polos últimos e numerosos casos de violencia machista e violencia vicaria acontecidos en todo o estado.
Permanece controlado desde as 00,14 h desta madrugada o lume rexistrado en Salvaterra de Miño, na parroquia de Uma, tras iniciarse ás 21,51 horas do sábado, e afectar tamén ás localidades veciñas de Mondariz e Covelo.
O goberno do BNG-PSOE contrata a redacción do proxecto de reforma do novo edificio municipal da Praza Maior. Logo dun proceso de participación para o deseño dos usos desta propiedade de máis de 900m2, o goberno traballará cos técnicos para maximizar as posibilidades deste novo ben municipal.
O Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación as obras de asfaltado e ampliación da calzada do vial de subida a Santa Cristina de Bugarín, que incluirán varias actuacións complementarias que suporán “unha importante mellora nesta zona”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.