20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas contrata a redacción do proxecto de reforma do novo edificio municipal...

    Ponteareas contrata a redacción do proxecto de reforma do novo edificio municipal na Praza Maior

    Esta infraestrutura albergará novos servizos públicos de intensa demanda que revitalizarán a contorna

    O goberno do BNG-PSOE contrata a redacción do proxecto de reforma do novo edificio municipal da Praza Maior. Logo dun proceso de participación para o deseño dos usos desta propiedade de máis de 900m2, o goberno traballará cos técnicos para maximizar as posibilidades deste novo ben municipal.

    Ubicado no número 39 da praza máis emblématica da vila, a reforma cofinanciarase nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do programa  EDUSI “Ponteareas, Hábitat Saudable”, e nun 20% polo Concello de Ponteareas.

    O novo edificio permitirá dispor de espazos para servizos públicos ou actividades sociais actualmente inexistentes, pero tamén contribuirá á dinamización do casco vello, tanto da propia Praza Maior como das rúas que conectan peonilmente con esta: Oriente, Esperanza, República Arxentina, e outras da zona mais antiga do núcleo.

    “Este edificio municipal súmase aos dous andares adquiridos no edificio da Seguridade Social e suporá unha mellora máis para a cidadanía que atopará novos espazos nos que desenvolver actividades e beneficiarse de distintos servizos públicos independentemente das súas características socioeconómicas”, explica a alcaldesa Cristina Fdez. Davila.

    Con este novo proxecto, o goberno local fomentará tamén a concorrencia de persoas á Praza Maior favorecendo a revitalización urbana e comercial da contorna.

    “Dotar o edificio de identidade e representatividade con servizos deseñados para o desenvolvemento persoal e social diario da cidadanía é un dos obxectivos deste proxecto que ademais permitirá a mellora funcional, ambiental e paisaxística da Praza Maior”, engade a segunda tenente de alcalde Chus Garrote.

    Agora os técnicos teñen o reto de distribuir o espazo dun xeito flexible e versátil para ofrecer actividades e servizos de intensa demanda que atraian a moita xente e de variadas idades, ademais de persoas chegadas de fóra. Unha oficina de atención á cidadanía, unha sala de exposicións tanto fixas como temporais, salas para proxeccións e para actividades formativas, salas de estudo, unha sala para consulta do arquivo, servizo de atención temperá e espazos que contribúan á conciliación familiar e laboral son algúns dos usos que, previsiblemente, acollerá.

    En definitiva, o equipo técnico e o goberno traballa para procurar que, dende unha perspectiva contemporánea, a  intervención non esqueza a historia e as vidas previas dunha arquitectura representativa do patrimonio de Ponteareas e que, ó tempo, ofreza versatilidade cara ás futuras.

    A alcaldesa amosa a súa satisfacción de facer realidade este proxecto non só por dar resposta á necesidade de espazo demandada pola veciñanza se non tamén por revitalizar esta parte da Vila que viña amosando un contínuo deterioro habitacional, palpable no progresivo aumento de edificacións e vivendas en estado de abandono, así como un progresivo avellentamento e perda de residentes.

    “A xestión económica do Concello realizada dende 2015 permitíunos incrementar o patrimonio municipal adquirindo esta propidade ubicada nunha parcela de 341 m2 á que daremos vida coas ideas e demandas recollidas no proceso de consulta cidadá  realizado con representantes do tecido socioeconómico da Vila (asociacións deportivas e culturais, comerciantes, hostalaría, entidades sociais, colectivos vulnerábeis -mobilidade reducida, terceira idade…-), ademáis dunha consulta dixital e aportacións realizadas por representantes da administración local (goberno e voceiros/as dos grupos políticos con representación municipal, persoal técnico e persoal municipal)”, conclúe Cristina Fdez. Davila.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.