Domingo, 22 Xuño de 2025

O Condado

Salvaterra e Monçao prepáranse para a San Silvestre solidaria 2023

O vindeiro 23 de decembro volta a San Silvestre Solidaria Eurocidade Monção Salvaterra de Miño, onde os habitantes da Eurocidade, así como as persoas que desexen participar, terán o seu percorrido internacional ao longo de algo máis de 5 km.

Ribadetea contará con un novo saneamento grazas á Xunta

O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para executar a primeira fase do saneamento da parroquia...

Ponteareas recuperará o espazo público da Avenida Constitución grazas á Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, asinaron un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con case 700.000 euros, o 75 % do orzamento, os traballos para a mellora da mobilidade e recuperación de espazos públicos na Avenida da Constitución.

Visita ao xacemento arqueolóxico dos Castros a cargo da Asociación Cultural Divulgatea

O vindeiro luns día 18 de decembro, a Asociación Cultural Divulgatea, organizará unha visita ao xacemento arqueolóxico dos Castros, situado na parroquia de Soutolobre-Lourido, no Concello de Salvaterra.

As Neves celebra o Nadal por todo o alto

O Concello das Neves vén de presentar a súa ampla programación de Nadal 2023-2024, que conta cunha vintena de actividades e que ten, como principais novidades, a recuperación da presenza de Papá Noel, unha Festa de Pre-Fin de Ano e a visita dun pasarrúas cos Reis Magos por todas as parroquias deste municipio do Condado.

A Xunta mellorará o firme da PO-254 ao seu paso por Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario.

A colaboración entre a Deputación e o Concello de Salvaterra humanizará dúas rúas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este mércores no Pazo Provincial á alcaldesa de Salvaterra do Miño, Marta Valcárcel, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030.

Salvaterra continúa coas obras do espazo lúdico termal de Teáns-Oleiros

O Concello de Salvaterra de Miño vén de realizar unha inversión de máis de 80.000 euros, a través da orde do 20 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico.

Ponteareas contará co plan parcial de A Lomba no prazo dun ano

O goberno municipal confirma que Ponteareas contará co plan parcial de A Lomba no prazo dun ano, un plan industrial que permitirá dar resposta á necesidade de outorgar seguridade xurídica ao tecido empresarial da localidade e fomentar, á vez, a actividade económica.

Comeza o obradoiro de emprego “Salvaterra emprega III”

O Concello de Salvaterra de Miño iniciou esta mañá un novo obradoiro de emprego “SALVATERRA EMPREGA III” cunha financiación de máis de 500.000 euros, coa que se busca continuar coa liña de fomento do emprego en colaboración coa Consellería de Promoción o Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A Deputación porá en marcha unha rede de comercio local en Arbo, Mondariz e As Neves

A Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar por preto de 210.000 euros a posta en marcha dunha plataforma para crear unha rede de comercio local e produtos quilómetro cero nos concellos de Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves e Rodeiro ao abeiro do programa “Da túa man” (rural), financiado con fondos europeos.

Arranca a segunda fase das obras na PO-399 en Cabreira, Salvaterra

A Xunta de Galicia iniciou esta semana os traballos da segunda fase de cuneta tendida na PO-399 na parroquia de Cabreira, en Salvaterra de Miño. Nesta actuación levarase a cabo a construcción de preto de 200 metros de cuneta tendida.