Mércores, 14 Maio de 2025

O Condado

Mondariz promove a artesanía local a través dun novo mercado artesán de Nadal

O Concello de Mondariz, comprometido co desenvolvemento económico e turístico do territorio, promove este ano un mercado artesán de Nadal con acreditados artesáns e artesás locais e da contorna máis próxima.

Festa do hóckey en Ponteareas co III Memorial Kiko Represas

Ponteareas réndese esta fin de semana ao hóckey sobre patíns coa celebración da terceira edición do Memorial Kiko Represas, na honra desta figura tan destacada dentro desta disciplina na vila.

A Deputación transformou o Condado-Paradanta nos últimos 6 anos

Os nove concellos que integran as comarcas do Condado e A Paradanta recibiron 61.868.006 euros da Deputación dende que en 2016 se produciu o cambio político á fronte da institución provincial, “o maior investimento da historia da Deputación nestas dúas comarcas e en cada un dos concellos”.

Culturgal descobre o libro ‘Alfredo Guisado. Xente d’aldea’, da colección Creadores Ponteareáns

Ponteareas volveu levar a súa literatura a Culturgal, que cada ano reúne a artistas e artesáns de todas as industrias culturais.

Salvaterra aprobou o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Vivimos nun mundo en constante cambio, onde as persoas tenden cada vez máis cara á sustentabilidade e aumenta a preocupación polo cambio climático. É necesario que todos os axentes nos involucremos a través da implantación de solucións para mellorar a calidade de vida nas nosas vilas, reducindo a contaminación atmosférica e acústica provocada por un excesivo parque automobilístico e o uso do vehículo privado.

A pianista Alba Raña, este venres 3 en concerto en Ponteareas

Ponteareas acollerá este venres 3 de decembro un concerto de piano a cargo da viguesa Alba Raña, que traerá a música de Bach, Mozart, Chopin e Ravel á sala multiúsos do auditorio municipal.

A Xunta licita a mellora da seguridade viaria na PO-403 en Ponteareas

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sacou a licitación na xornada de hoxe as obras de mellora da seguridade viaria no Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) da estrada autonómica PO-403 ao seu paso pola zona de Angoares, no Concello de Ponteareas, cun investimento de 576.892 euros.

O BNG renova o seu Consello Comarcal Condado-Paradanta-Louriña “apostando firmemente pola xuventude”

O BNG inmerso no proceso de asembleas para a renovación dos seus cargos orgánicos vén de celebrar este pasado luns asemblea comarcal do Condado-Paradanta-Louriña. Apostando firmemente pola xuventude, elixiu ás 10 persoas que terán a encomenda de coordinar durante os próximos dous anos a acción da fronte nacionalista nos 10 concellos que integran a comarca.

As Neves acada un aforro enerxético do 60 % cunha achega da Deputación

A veciñanza do concello das Neves desfruta dunha nova iluminación exterior nalgunhas das súas rúas e prazas tras a actuación que se realizou cunha achega de 89.750 euros que o IDAE confirmou á Deputación de Pontevedra.

Ponteareas acolle un novo curso de adestrador de fútbol UEFA B

O Concello de Ponteareas e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol colaboran para poñer en marcha unha nova edición do Curso de Adestrador de Fútbol UEFA B, que se desenvolverá entre os meses de decembro e xuño.

Bodegas La Val entrega a recaudación íntegra do seu viño “La Val Solidario 2020” á Fundación Menela

Bodegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, fixo entrega onte aos representantes da Fundación Menela (Rede de Servizos para o autismo e a dependencia) dun cheque polo importe íntegro resultante da venda das 200 botellas da IV Edición Limitada do seu albariño “La Val Solidario 2020”.

Ponteareas ofrece unha formación gratuíta no IES Val do Tea para mellorar o traballo dos docentes co alumnado con trastorno do espectro autista

O Concello de Ponteareas continúa apostando pola inclusividade e a igualdade nas aulas dos centros educativos da vila. Hoxe ás 17.30 horas, no IES Val do Tea organiza, xunto a Fundación Menela, unha formación para mellorar a intervención educativa dos docentes co alumnado con trastorno de espectro autista.