Sábado, 12 Xullo de 2025

O Condado

Este venres comezan as rutas turísticas entre as eurocidades Tui-Valença e Salvaterra-Monçao

Este venres, 25 de febreiro, póñense en funcionamento as rutas do proxecto “Río Miño, un destino navegable” que comparten os concellos de Tui e Salvaterra de Miño, as cámaras municipais de Valença e Monçao, con Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte.

Zona Franca expón aos empresarios de Ponteareas as posibilidades que ofrece o Consorcio en chan, financiamento e apoios

Os empresarios de Ponteareas coñeceron de primeira man as posibilidades que ofrece o Consorcio da Zona Franca de Vigo para as súas empresas, tanto en chan, como financiamento e apoios.

As alumnas da especialidade de Socio Sanitaria do obradoiro de emprego de Ponteareas comezan as súas prácticas

As alumnas da especialidade de Socio Sanitaria do programa de formación dual “Coidar de Nós IV” que promove o Concello de Ponteareas xunto ao Concello das Neves e a Xunta de Galicia acaban de comezar as prácticas no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo.

Ponteareas mellorará a eficiencia enerxética nas estacións depuradoras de augas residuais de Prado, Padróns e A Freixa

O Concello de Ponteareas abriu o proceso de licitación para a mellora da eficiencia enerxética nas estacións depuradoras de augas residuais tipo SMA de Prado, Padróns e A Freixa.

Excelente xornada en Ourense para o CNPonteareas

A pasada fin de semana, os días 18, 19 e 20 de febreiro, se disputou o Campionato Galego Júnior e Infantil de inverno xunto á Copa Galega sénior.

Mondariz debe a Mondariz Balneario 138.246 € pola falla de entendemento na xestión da depuradora

O Concello de Mondariz recoñece que debe ao de Mondariz Balneario 138.246,47 € que se corresponden aos gastos da depuradora dos exercicios 2019-2020-2021.

A Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas poderá plantar hortensias na contorna da rotonda de Canedo

Tras a solicitude realizada por parte da Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana o pasado 29 de xaneiro, onte día 17 de febreiro recibiron a autorización solicitada para a realización de plantacións de hortensias.

O Concello de Ponteareas anima ao ciclista Borja Gómez antes do seu debut na competición internacional en Bélgica

O Concello de Ponteareas a través da súa alcaldesa, Cristina Fernández, e do seu concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere mandar “todo o noso alento e ánimo” ao ciclista Borja Gómez antes do seu debut na competición internacional de ciclocross.

Mónica Ledo, campiona de España de tiro con arco

O Concello de Salvaterra de Miño tivo o pracer de recibir onte a unha deportista moi especial, xa que ademais de ser veciña da parroquia de Alxén dende fai un par de anos, é a recente campiona de España de Tiro con Arco en Sala (18 metros) na modalidade de LONGBOW (arco tradicional).

Ponteareas reduce a 12 días o período medio de pago a provedores

O Concello de Ponteareas pechou o ano 2021 cunha cifra histórica no período medio de pago a provedores (PMP), que no último trimestre se situou en 12,03 días. Deste xeito Ponteareas é un dos concellos que con maior rapidez paga aos seus provedores.

Ponteareas impulsa a contratación de 29 persoas desempregadas a través do Plan Concellos 2022

Ponteareas impulsa a contratación de 29 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2022. O Concello vén de abrir o proceso para crear unha listaxe de contratación tras enviar á Deputación de Pontevedra unha proposta do persoal necesario e dos postos a cubrir, pendente aínda de aprobación pola entidade provincial.

O BNG lamenta o descoñecemento do PP ao criticar unha medida provisional en Ponteareas que “está presente en medio mundo”

O BNG vén de declarar a súa sorpresa fronte as criticas e acusacións feitas polo PP en Ponteareas contra a intervención acometida na rúa Vidales Tomé. O Concello de Ponteareas está a desenvolver nesta rúa unha intervención que se encadra dentro do denominado 'Urbanismo Táctico', unha ferramenta coa que facer intervencións en espazos que pouco despois serán remodelados para o uso das persoas.