Sábado, 3 Maio de 2025

Mondariz

O centro de ocio e deporte urbano de Mondariz, máis preto da súa apertura

O Campo da Minada, situado no centro urbano de Mondariz, disporá proximamente dun centro de ocio e deporte urbano que permitirá a rehabilitación integral para o uso público desde importante espazo municipal.

Mondariz avanza nas obras da senda fluvial de Laredo

Os veciños e visitantes do Concello de Mondariz poderán desfrutar proximamente dunha nova senda fluvial acondicionada para dar paseos a pé. É a senda fluvial de Laredo, que transcorre polo río Xabriña, entre los barrios da Pedreira e do Escobeiro.

Xa están abertas as inscricións para o V Trail Orixes Mondariz

O vindeiro 6 de maio terá lugar a quinta edición do Trail Orixes Mondariz, unha carreira a pé polos montes de Mondariz, Fornelos de Montes e Covelo organizada polo Concello de Mondariz coa estreita colaboración da Asociación Deportiva Mondariz.

Mondariz, preocupado pola afectación do plan de humanización de Mondariz Balneario

O Concello de Mondariz enviou esta semana unha solicitude de información ao veciño Concello de Mondariz Balneario para avaliar a afectación que pode ter o proxecto de recuperación do espazo público na contorna dos hoteis de Mondariz Balneario na vía de acceso principal á parroquia de Vilar pola estrada provincial EP-4401.

A antiga escola unitaria de Vilasobroso convertirase no epicentro social e cultural da parroquia

Xa queda menos para que a antiga escola unitaria de Vilasobroso se converta nun edificio multiusos do que poidan desfrutar todos os veciños e veciñas de Mondariz. O deputado provincial Santos Héctor, o alcalde de Mondariz, Emilio Barros, e o alcalde pedáneo de Vilasobroso, Alexandre Estévez, visitaron as obras de reforma deste centro unitario.

Mondariz abre a inscrición para o concurso de carrozas e comparsas do Entroido 2023

O Concello de Mondariz xa ten publicadas as bases do XIV Concurso de Carrozas e Comparsas do Entroido 2023 no taboleiro de anuncios da súa Sede Electrónica (mondariz.sedelectronica.gal). O evento terá lugar o domingo 19 de febreiro pola tarde, e o prazo de inscrición no Rexistro Xeral municipal rematará o venres 17 de febreiro, ás 14:00 horas.

Teatro a prol da igualdade en Mondariz

O Concello de Mondariz continúa comprometido coas artes escénicas como ferramenta de creación, expresión e reflexión colectiva. Esta mesma semana comezou a impartirse un obradoiro de teatro a prol da igualdade.

Mondariz celebra o día de Castelao

O Concello de Mondariz, comprometido co galeguismo e coa memoria histórica, volve incluír este ano unha actividade na súa axenda cultural de xaneiro para conmemorar o aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), intelectual galeguista de referencia.

O Balneario de Mondariz, entre os mellores de España

Os usuarios de Aladinia.com, unha importante web de viaxes, seleccionan os mellores circuítos de Spa do país e destacan o balneario galego, que este 2023 cumpre 150 anos de fundación.

Mondariz acolle a presentación dun servizo de asesoramento tecnolóxico a autónomas e pemes

O Concello de Mondariz acollerá hoxe luns, 23 de xaneiro, unha sesión informativa de SmartPeme sobre os servizos de asesoramento en novas tecnoloxías que ofrece este proxecto da Deputación de Pontevedra ás personas autónomas e emprendedoras e ás pemes da provincia.

AporM elixe como candidato a Xoán Montes, Calis, para reilusionar á veciñanza

Xoán C. Montes Bugarín -Calis-, portavoz de AporM, vén de ser proclamado pola asemblea de Alternativa por Mondariz como alcaldable de cara ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

Mondariz celebrará o seu Entroido o 19 de febreiro

O Concello de Mondariz asume este ano a organización da festa de Entroido na localidade, que xa ten data e cartel. O tradicional concurso de comparsas e carrozas terá lugar o domingo 19 de febreiro, a partir das 17:00 horas.