Xoves, 8 Maio de 2025

As Neves

O Concello das Neves constrúe un novo acceso ao Centro de Saúde

O Concello iniciou esta semana as obras para crear un novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves. Este novo acceso estará ao carón da actual entrada peonil, dende estrada PO-415, de xeito que, unha vez rematado, fará de entrada de vehículos mentres que a actual pasará a ser de saída.

As Neves avanza na recuperación do espazo público co Plan ReacPon da Deputación

O Plan ReacPon da Deputación facilitará ao concello das Neves poder dar un novo paso cara á progresiva recuperación de espazo público na vila coa cofinanciación do proxecto de humanización da rúa Travesía Eira da Liñaza.

A familia do veciño das Neves que falecera nun incendio xa vive nunha nova vivenda nas Neves

Fátima e os seus dous fillos de 7 e 11 anos volveron ás Neves e viven xa nunha casa propiedade do Concello, grazas á concesión dun alugueiro social.

O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.

A Xunta abre por primeira vez o proceso para a adquisición directa de 38 parcelas da Plisan

A Xunta de Galicia abre por primeira vez o proceso para a adquisición directa de solo empresarial na Plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).

A Deputación concede subvencións para retirar simboloxía franquista

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio e do departamento de Memoria Histórica, axudará a seis concellos da provincia (Baiona, A Guarda, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Salceda de Caselas) a retirar simboloxía franquista de diferentes construción no seu espazo público.

Falece un home nun incendio declarado nunha vivenda das Neves

Un incendio, declarado na mañá de onte, nunha vivenda do concello pontevedrés das Neves saldouse cun home falecido e catro persoas trasladadas.

A Deputación transformou o Condado-Paradanta nos últimos 6 anos

Os nove concellos que integran as comarcas do Condado e A Paradanta recibiron 61.868.006 euros da Deputación dende que en 2016 se produciu o cambio político á fronte da institución provincial, “o maior investimento da historia da Deputación nestas dúas comarcas e en cada un dos concellos”.

As Neves acada un aforro enerxético do 60 % cunha achega da Deputación

A veciñanza do concello das Neves desfruta dunha nova iluminación exterior nalgunhas das súas rúas e prazas tras a actuación que se realizou cunha achega de 89.750 euros que o IDAE confirmou á Deputación de Pontevedra.

Os alcaldes das Neves e Arbo reiteran a súa firme oposición ao paso da liña de alta tensión polos seus concellos

Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantiveron o pasado mércores unha reunión en liña co director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental –dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico–, Ismael Aznar Cano, para tratar, de novo, o proxecto da Liña de Alta Tensión ( LAT 400 K) que afecta aos dous concellos.

A Deputación saca a licitación a mellora mobilidade da EP-4006 Ponteareas-As Neves

A Deputación de Pontevedra segue a apostar por un modelo amable, seguro e sostible nas estradas provinciais coa licitación da mellora da mobilidade peonil da EP-4006 Ponteareas-As Neves.

20 persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves formaranse no obradoiro “Coidar de Nós IV”

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, activou na xornada de hoxe a formación laboral de vinte persoas desempregadas dos municipios de Ponteareas e As Neves coa posta en marcha do obradoiro de emprego de formato dual Coidar de Nós IV, que conta cun investimento de 347.000 euros.