A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente, cun investimento de 3,3 M€.
Todas as racións de requeixo e mel vendidas, milleiros de visitantes o venres santo e o sábado, bares, restaurantes, cafeterías, postos de pulpeiros, foodstracks, postos ambulantes, terrazas e zonas de lecer ateigadas, momentos nos que non había sitio dentro da carpa, situada na Praza Maior, mesmo intres nos que non era posible camiñar polo casco urbán.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 524.624 euros a prol dos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.
O Auditorio Municipal chámase xa 'José Gil'. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros.
O vindeiro sábado, día 1 de abril ás 20 horas, o Concello das Neves realizará o acto formal de cambio de nome do Auditorio Municipal, ata o de agora Auditorio Víctor Vázquez Portomeñe, que pasará a chamarse 'José Gil' (As Neves 1870-Vigo 1937). Réndese homenaxe, deste xeito, a este home, considerado ao pai do audiovisual galego.
Trinta anos con historia, da que foron protagonistas todos os nevenses. Ese é o centro e o motivo deste 2023, e por iso, este ano, a presentación da 'Feira do Requeixo e do Mel' das Neves, estivo dirixida a eles.
Xa pasou un ano dende que o Concello das Neves municipalizara o servizo de recollida de envases de plástico (colector amarelo) e asumise directamente a xestión do mesmo, que ata daquela prestaba a empresa privada Urbaser. O concelleiro responsable de Limpeza e Medio Ambiente e segundo tenente de alcalde, Óscar González, lembra que nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas de envases recollidas.
A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada 'As mulleres de sempre', como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril.
Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da Deputación “Mulleres Extramuros”, cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, que toma o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano.
Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, acompañado polo primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e membros do Goberno municipal, xunto coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, visitou este mércores a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN).
alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, as grandes obras de recuperación do espazo público financiadas no centro urbano do Concello a través dos plans extraordinarios da Deputación.
A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron xunto coas concelleiras de Servizos Sociais de ambos concellos, Angela Ledo e Pilar González, unha reunión para renovar o compromiso de prestación conxunta do servizo de atención temperá e avaliar o impacto deste servizo na poboación.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.