Venres, 2 Maio de 2025

As Neves

A Xunta mellora o firme da PO-400 ao seu paso por Arbo, Crecente e As Neves

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de Crecente. Tras o recibimento na Casa do Concello, o delegado visitou, xunto ao alcalde, a PO-400, onde a Xunta está a desenvolver unha actuación de mellora do firme.

A Deputación leva enerxía aerotérmica aos edificios municipais das Neves

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación as obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais de Catoira e As Neves

Comeza a segunda edición do “Programa Xuntas” en Salceda, Salvaterra e As Neves

As dúas alcaldesas e o alcalde acompañados das respectivas Concelleiras de Igualdade, mantiveron unha reunión de coordinación no arranque da segunda edición do Programa Xuntas, dirixido ás mulleres de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves en materia de formación, información, prevención e orientación e asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico individualizado.

A Deputación e o Concello das Neves avanzan no proxecto “Mulleres extramuros”

A Deputación de Pontevedra e o Concello das Neves dan novos pasos para a reactivación de “Mulleres extramuros”, o proxecto que achegará a arte contemporánea ao núcleo rural de Vide.

Máis de 500 persoas participan esta semana no programa “En Ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 10 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial.

As Neves presenta a Festa do Viño Tinto Rías Baixas

Presentación da Festa do viño Tinto Viño Rías Baixas que se celebra os días 24 e 25 de xullo nas Neves.

Primeira visita institucional do delegado da Xunta nas Neves

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, vén de realizar a súa primeira visita institucional ao Concello das Neves no arranque dos contactos que está a establecer cos representantes dos 47 municipios da área territorial.

A Xunta mellorará o firme da PO-400 ao seu paso por As Neves, Arbo e Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 2.883.779 euros as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente.

Gran éxito da VII edición do Raid do Condado-Marqués de Vizhoja

A pasada fin de semana tivo lugar o VII Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, sendo unha nova proba da liga Española de Raids de Orientación e Aventura que supón a terceira cita puntuable para a clasificación 2023.

Volve o VII Raid do Condado Marqués de Vizhoja

Esta fin de semana, 23,24 e 25 de xuño, a liga Española de Raids de Aventura dispútase nas Neves, Salvaterra, Crecente e Arbo, con máis de 40 equipos rexistrados no VII Raid do Condado Marqúes de Vizhoja.

Adxudicadas as obras de mellora na contorna do IES Pazo da Mercé das Neves

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora da mobilidade peonil na contorna do IES Pazo da Mercé, na entrada ao núcleo urbano das Neves. A institución investirá nesta actuación na EP-4006 Ponteareas–As Neves 248.000 €.

José Manuel Alfonso lidera un equipo renovado para as eleccións nas Neves do vindeiro domingo

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, pediu nas Neves converter toda a ilusión, a forza e as gañas que se perciben na rúa en votos para que José Manuel Alfonso sexa a partir do próximo domingo “o alcalde que merecen os veciños e o concello das Neves”.