Hai unhas semanas, o Goberno municipal das Neves mantivo contacto co xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar da retirada da torre de Fenosa, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da nova Escola de Educación Infantil.
O Concello vén de facer balance do uso e da eficiencia da aplicación de rexistro de incidencias 'Línea Verde As Neves' que lanzou o día 1 de xuño. En dous meses e medio, rexistráronse arredor de 600 incidencias das cales, o 80 % xa foron resoltas.
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vėn de informar ao Goberno municipal das Neves que todas as 8 usuarias do Centro de Día e 14 traballadoras deron negativo por COVID-19. Todas elas estaban en 'cuarentena' dende o pasado xoves, día 13, logo do positivo por COVID-19 doutra das veciñas que acuden ao centro.
O Concello das Neves, tal e como anunciara hai varios meses o Goberno local, cederá o ámbito da antiga Escola Infantil ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a ampliación do Centro de Saúde da Vila que gañará, así, máis de 50 metros cadrados. A que ata este curso foi a Escola Infantil da vila, está no baixos do mesmo inmoble que ocupa o Centro de Saúde.
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vėn de confirmar ao alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Mendez, o positivo por COVID-19 dunha usuaria do Centro de Día da vila. Logo de ter coñecemento do mesmo deuse aviso, de inmediato, ao resto das usuarias do centro, 8 (3 das Neves, 4 de Salvaterra e 1 de Arbo) e ao persoal do mesmo, 14 traballadoras, que xa están illadas nas súas casas.
O Goberno municipal das Neves segue adiante coa posta en marcha do convenio asinado coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) para a limpeza das franxas de protección nos núcleos das parroquias de Liñares, Tortoreos e As Neves.
O Concello das Neves vén de dar comezo as obras de mellora da área de lecer no terreo que rodea a antiga escola unitaria de San Cibrán de Ribarteme. As mesmas contan cun orzamento de 26.598,25€, financiado con cargo ao remanente municipal de 2019.
O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, vén de manter distintos contactos co xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar dous temas: a retirada da torre de Fenosa, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da nova Escola de Educación Infantil, e a mellora do acceso As Neves pola parte sur.
A Xunta de Galicia financiará programas de conciliación no Concello das Neves, ademais doutros 4 concellos da área territorial de Pontevedra, logo de que a Administración autonómica ampliara esta liña de axudas destinada aos concellos.
As Neves estreará 'María Solinha', proxecto galego e en galego, o martes 4 de agosto e o fará baixo o formato de cinema na rúa. A proxección será na Praza de San Agustín a partir das 22:30 h e contará con espazo de photocall.
O Concello das Neves volverá a ter un policía local. O Goberno municipal acordou que se cubra este posto que estaba valeiro dende a xubilación do anterior axente, hai máis dun ano.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.