Mércores, 2 Xullo de 2025

Salceda de Caselas

Salceda, tres desfiles no mellor entroido da contorna

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación do Entroido 2023, un ano no que se recuperan os actos tradicionais e máis importantes da celebración, logo de dous anos marcados pola Covid-19.

Protección Civil de Salceda realizou 228 servizos operativos no ano 2022

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas tivo unha intensa actividade de servizo público durante o ano 2022 coa realización dun total de 228 operativos de diversa índole.

Salceda solicita, ao abeiro do Plan Concellos, subvencións para a realización de melloras nas instalacións deportivas municipais

O Concello de Salceda de Caselas vén de presentar para a convocatoria do Plan Concellos 2023, da Deputación de Pontevedra, un plan de actuacións para a mellora de instalacións deportivas municipais.

Aberto o prazo de inscrición para o XXIV Desfile de Carrozas e Comparsas de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Álex Rodríguez, ten xa aberto o prazo de inscrición para o XXIV Desfile de Carrozas e Comparsas do Entroido 2023, que se celebrará o 19 de febreiro de 2023.

Movemento Salceda pide que se compense o déficit de saneamento do municipio

Movemento Salceda votou en contra da modificación dos estatutos do Consorcio do Louro, que lle dá ao municipio do Porriño total poder de decisión sobre este organismo, e pediu un mecanismo para compensar á localidade do Caselas polo seu déficit histórico en materia de saneamento.

O Servizo atención temperá renóvase en Salceda de Caselas e As Neves por dous anos máis

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron xunto coas concelleiras de Servizos Sociais de ambos concellos, Angela Ledo e Pilar González, unha reunión para renovar o compromiso de prestación conxunta do servizo de atención temperá e avaliar o impacto deste servizo na poboación.

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil visita Salceda de Caselas

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga visitou, a petición da alcaldesa Verónica Tourón, as zonas máis afectadas no concello de Salceda de Caselas polas fortes choivas de Nadal e Aninovo.

A OMIC de Salceda atendeu preto das 500 consultas durante o 2022

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Salceda de Caselas (OMIC), coordinada dende a Concellería de Comercio, que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, recibiu o longo do ano 2022 preto de 500 consultas.

Salceda executará a rede de saneamento en Ataude – Picoña

O Consorcio de Augas do Louro ven de aprobar a inversión do remanente, arredor de 1,9 millóns de euros, para obras e outras actuacións de saneamento e abastecemento.

Salceda opta á implantación de Formación Profesional no municipio

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de ensino, Ángela Ledo, reuníronse este xoves coa directora xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández, en Santiago de Compostela, para estudar a viabilidade da implantación da Formación Profesional no concello de Salceda.

Comezan as obras da II fase da piscina municipal de Salceda de Caselas

O Concello de Salceda puxo en marcha esta semana as obras da II Fase da reforma e ampliación da piscina municipal.

Salceda estudia a posibilidade de solicitar a declaración de “zona catastrófica”

Salceda de Caselas estudia a posibilidade de solicitar a declaración de zona catastrófica por parte da Xunta de Galicia e o Consello de Ministros ante os danos producidos pola incesante acumulación de precipitacións destes últimos días, que provocaron numerosas incidencias en todas as parroquias do municipio.