Venres, 2 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda revalida a súa terceira flor de honra no certame Vilas en Flor

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir o galardón que outorga o certame Vilas en Flor para este ano 2023, sendo dos poucos Concellos que conta con tres flores de honra.

Os novos voluntarios de Protección Civil do Porriño, Val Miñor, Salceda e Redondela reciben os seus carnés

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este martes o acto de entrega dos novos carnés de voluntariado de Protección Civil celebrado no Porriño.

Concello de Salceda e Banda Cultural escenifican a súa loita pola igualdade

A Banda Cultural de Salceda celebra o seu tradicional concerto de Santa Icía o vindeiro sábado 25 de novembro, que este ano coincide co Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

O TSXG confirma os seis anos de cárcere impostos ao condutor ebrio que provocou o triplo accidente mortal de Salceda de Caselas

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra que lle impuxo seis anos de cárcere a un condutor ebrio que o 19 de marzo de 2021 invadiu o sentido contrario de circulación e causou un accidente mortal en Salceda de Caselas, no que faleceron unha nai e os seus dous fillos menores de idade, de 13 e 6 anos.

2350 atletas de entre 7 e 14 anos nunha nova edición do programa Xogade en Salceda

A área do Borralliño, na parroquia de Soutelo, acollerá os vindeiros 9 e 10 de novembro unha nova edición do programa Xogade que pon en marcha a Secretaría Xeral para o Deporte, dirixido á poboación en idade escolar.

Salceda volve encherse de pinchos co seu concurso

A veciñanza de Salceda e arredores está convidada ao Concurso de Pinchos, que regresa nunha terceira edición que se desenvolverá os días 3, 4, 10 e 11 de novembro coa participación de 11 establecementos de hostalería do Concello.

Salceda recibe máis de 500.000 € da Xunta para un obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión de 531.046,20 euros para un obradoiro de emprego por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

15 vivendas únense á rede de saneamento na parroquia da Picoña en Salceda

A pasada semana deron comezo as obras do proxecto de saneamento dos barrios da Ataúde e A Arrotea, na parroquia da Picoña, que lle vai permitir a 15 casas contar con este servizo esencial.

A Agrupación socialista de Salceda acorda “non poñer atrancos” á redistribución da organización interna do Goberno local

O grupo municipal do PSdG-PSOE de Salceda de Caselas considera aceptada a súa proposta sobre a redistribución da organización interna do Goberno local "xa que se axusta aos límites de masa salarial que dende o inicio das negociacións marcamos dunha forma clara na cantidade de 136.360 euros", explica a portavoz socialista Verónica Tourón.

Cúmprense cen días do goberno de Movemento Salceda

O equipo de goberno de Salceda de Caselas, liderado por Loli Castiñeira, vén de realizar unha valoración moi positiva dos primeiros cen días de goberno desta lexislatura, a pesares das dificultades que teñen que afrontar polo feito de non contar con maioría.

Clausura do obradoiro Rehabilita Salceda

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, animou este luns ao alumnado do obradoiro Rehabilita Salceda a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo.

Salceda apura os traballos en centros escolares para que estean listos no inicio do curso

O Goberno de Salceda de Caselas, que dirixe Loli Castiñeira, está a coordinar os traballos en centros escolares, moitos deles realizados por persoal da plantilla do Concello, para que estean listos no inicio do curso.