Luns, 5 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda traballa en bonificacións sociais no IBI

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda traballa na modificación da ordenanza reguladora do IBI, na liña de poder realizar bonificacións ás persoas e familias máis desfavorecidas despois de revisión anunciada unilateralmente dende o catastro.

Salceda e Salvaterra solicitan conxuntamente unha axuda para realizar o obradoiro de emprego ‘Sustentable’

Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño veñen de solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para a realización dun obradoiro de emprego denominado 'Sustentable'. A solicitude faise ao abeiro da convocatoria de subvencións para os obradoiros duais de emprego da Consellería de Emprego e Igualdade.

O BNG esixirá no Parlamento o aumento de persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas

O BNG en Salceda de Caselas informa que levará a termo novas iniciativas parlamentarias para esixir que a Consellaría de Sanidade e o SERGAS cumpran co compromiso de aumentar persoal médico (1 mais) e de enfermaría (1 mais). Nestes momentos o Centro de Saúde de Salceda non conta co persoal que se correspondería co demanda de atención existente; nen coa ratio médico/paciente que ten establecido o SERGAS (1.300 pacientes).

Unanimidade en Salceda para reclamar estudios postobrigatorios

O Pleno do Concello de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada de xeito conxunto polos tres grupos da corporación (MS, PSOE e PP), para instar á Xunta de Galicia a que proceda canto antes á ampliación do IES Pedras Rubias, así como á instauración de ensino postobrigatorio no municipio.

Salceda duplica o gasto social no seu orzamento anual

O Concello de Salceda de Caselas aprobará inicialmente o seu orzamento anual para 2021 na sesión do Pleno Ordinario que se celebrará mañá xoves de xeito telemático, por mor da situación sanitaria. Son as contas máis altas da historia do Concello, e chegan aos 6.001.431,80 €.

Salceda estrea o seu centro terapéutico

O Concello de Salceda de Caselas ven de estrear o seu centro terapéutico, ubicado na antiga escola de Vendanova, e que servirá para acoller as actividades de AFAGA no municipio. AFAGA atende a persoas diagnosticadas de alzheimer ou outras demencias, nun programa xestionado a través dos servizos sociais.

O Grupo Socialista urxe á Xunta “o reforzo das infraestruturas educativas” de Salceda de Caselas

A parlamentaria socialista Paloma Castro reclamou ao goberno galego "que teña en conta as peticións de investimentos en Salceda de Caselas: infraestruturas educativas e...

Saldeda mantén vivo o seu histórico Entroido apostando pola súa celebración de xeito virtual

Poucos entroidos do sur de Galicia teñen a tradición centenaria do Entroido de Salceda de Caselas. Este ano toca reinventarse e amosar que, nin a pandemia da COVID é quen de frear unha celebración popular como poucas. Optase, iso si, polas novas tecnoloxías que permiten que se poidan celebrar actividades, de xeito virtual, garantindo o cumprimento das normas sanitarias e de seguridade.

En exposición pública a numeración do casco urbano

Ata o vindeiro luns 15 de febreiro permanecerá en exposición pública a nova numeración do casco urbano de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno.

Salceda chama ao autoconfinamento

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de facer unha chamada ao autoconfinamento da veciñanza, tras o incremento de casos positivos que se están a producir nos últimos días, e que sitúa ao municipio na alarmante cifra de 104 novos casos nos últimos 14 días.

Un total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, en Salceda de Caselas

Un total de 16 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, que suporá un investimento da Xunta de máis de 876.000 euros.

As axudas da Xunta ao sector da hostalería en Redondela, no Val Miñor e no Val da Louriña, cífranse en preto de 6,5 millóns...

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que o Goberno galego xa abonou 6,5 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de Vigo.