A situación de seca é de máxima preocupación para o Concello de Salceda, que está realizar un control extremo do uso da auga potable da rede municipal, polo que ven de poñer en marcha un plan para manter regados os espazos verdes e xardíns municipais con auga reutilizada e non apta para consumo.
O Concello de Salceda celebrará a 2ª edición do Concurso de Tapas e Pinchos que terá lugar entre os días 14 e 23 de outubro. Os establecementos hostaleiros que queiran inscribirse terán que facelo a través dun formulario que poden atopar tanto na páxina web do concello como nas súas redes sociais.
Nos pasados meses a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Salceda de Caselas e a Escola de Futbol Denis Suárez reuníronse para levar adiante un proxecto de axuda para as familias máis vulnerables do noso concello. Cómpre salientar que, na actualidade, o departamento de Servizos Sociais conta con 29 menores en situación ou risco de exclusión social.
A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rubén González, vén de instalar dous minipuntos limpos fixos en sendas rúas do casco urbán de Salceda. Estarán situados na rúa Pontevedra, á altura da Praza de Abastos e na Praza da Devesa.
O Dúo Amazonas, formado polas muralistas Lina Castellanos e Nati Andreoli, está deixar a súa pegada no concello de Salceda de Caselas, na medianeira situada entre as rúas Brasil e Arxentina, cun mural de gran formato realizado ao abeiro do programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.
A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”.
A apertura da súa nova sede, no número 46 da rúa Victoriano Pérez Vidal , renova o compromiso e aposta de Movemento Salceda pola proximidade coa veciñanza e a aplicación de políticas útiles, pensadas para todas e todos por enriba de siglas e ideoloxías.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a transformación que supón para a seguridade e a mobilidade dos veciños de Salceda de Caselas a nova senda de Parderrubias, cun investimento da Xunta de máis de 900.000 euros.
O PSdeG-PSOE de Salceda reafírmase na necesidade que ten o concello das dúas infraestruturas (Centro de DIA e Galiña Azul), ante o anuncio de presentación dunha moción no pleno por un grupo político da corporación municipal.
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño condenou a tres meses de cárcere e a oito meses de inhabilitación para a tenza de animais ou o exercicio de profesión ou oficio relacionado con eles a unha residente en Salceda de Caselas por envelenar á gata da súa veciña.
Os pasados días 27 e 28 de maio tivo lugar en Salceda de Caselas o primeiro encontro internacional das entidades socias do proxecto europeo “MeetYourForest: Novos usos e xestión innovadora do monte”.
A Concellería de Ensino e Infancia de Salceda de Caselas, xunto coa ANPA do colexio Altamira, volven a organizar con plena normalidade o campamento de verán durante os meses de xuño a setembro de 2022.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.