Martes, 8 Xullo de 2025

A Louriña

O Porriño acada un aforro enerxético do 64 % cunha axuda da Deputación

A veciñanza do Porriño desfruta xa de 216 novos puntos de luz que o concello instalou ao abeiro dunha subvención de 89.450 euros do IDAE, xestionada pola Deputación de Pontevedra.

Éxito rotundo da décimo sétima edición das Xornadas Micolóxicas de Mos

Onte domingo, entre as 12 h e as 15.00 horas celebrouse a gran degustación das XVII Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que tiveron lugar na contorna do Pazo de Mos cunha enorme afluencia de público. Éxito rotundo polo tanto da décimo sétima edición das Xornadas Micolóxicas que rexistraron tamén durante toda a semana un cheo absoluto nas charlas sobre micoloxía impartidas no Pazo.

Mos presenta a súa campaña e programación con motivo do 25N baixo o lema ‘Hai amores que atrapan’

Onte venres 19 de novembro, coincidindo co Día Internacional da Muller Emprendedora, o Concello de Mos presentou no Multiusos das Pozas o programa de a actos conmemorativos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se conmemora o vindeiro 25N.

O albergue e o entorno do Pazo de Mos reciben a “Q de Calidade”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, recibiu onte pola mañá, de mans do vicepresidente Primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o distintivo “Q de Calidade” para o albergue de peregrinos e entorno do Pazo de Mos.

A carpa do “Pinchoneno” trasladarase á explanada “Roxy”

Lourdes Moure, concelleira responsable de Educación e Seguridade do Concello do Porriño, anunciou que se decidiu trasladar á explanada do "Roxy" a carpa que acollerá o acto do "Pinchoneno" que, inicialmente, ía colocarse no parque do Cristo.

O PSdeG de Salceda presenta, un ano máis, emendas aos Orzamentos da Xunta

As e os Socialistas de Salceda de Caselas realizan, un ano máis, emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia, ao considerar que Salceda "continúa sendo un concello esquecido nas contas autonómicas". Reivindicacións xa históricas do PSdeG-PSOE de Salceda seguen sen ser atendidas, "a pesares da reiteración e de que incluso algunhas delas conten co apoio plenario de toda a Corporación", asegura a súa secretaria xeral e alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón.

Mos renova en Pleno a adhesión ao transporte metropolitano de Galicia e a inclusión do bus urbano en dito plan

O Concello de Mos aprobou en Pleno a renovación do convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Vigo.

O Porriño presenta o “Pinchoneno 2021”

A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia, presidiu onte a presentación do "Pinchoneno 2021", que terá lugar o vindeiro sábado 20 de novembro, baixo carpa e cun aforamento limitado a 200 participantes, no Parque do Cristo.

I Xornadas de Inclusión Social do paciente oncolóxico

Traballadores da área de Servizos Sociais de diferentes concellos e institucións da provincia, representantes de entidades de carácter social e profesionais ademais de público en xeral déronse cita onte na inauguración das I Xornadas de Inclusión Social.

Protección Civil e o Concello de Salceda organizaron unha recollida de produtos de hixiene para os afectados da Palma

A agrupación de Protección Civil de Salceda e o Concello organizaron unha recollida de produtos de hixiene persoal o pasado mes de outubro, para axudar na medida do posible a paliar as necesidades que están a sufrir as preto de 7000 persoas desprazadas dos seus fogares debido as consecuencias do desastre natural do volcán da Illa de Palma.

Asinado o convenio coa Deputación para o mantemento dos semáforos das estradas provinciais

Concello de Mos e Deputación de Pontevedra veñen de asinar o convenio que regula o mantemento dos semáforos nas estradas provinciais que pasan polo municipio.

Zona Franca opta por Porriño para o Centro de Servizos ao Transporte, en terreos que suman 31,7 hectáreas de chan industrial

O pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo coñeceu hoxe a proposta realizada pola empresa adxudicataria para situar en Porriño, en terreos que suman 31,7 hectáreas, o Centro de Servizos ao Transporte. A proposta xa ten luz verde do comité executivo. Os terreos están situados ao Norte e ao Sur do ramal de unión entre a A-55 e a AP-9 e trátase dun chan de equipamentos do PXOM.