Mércores, 16 Xullo de 2025

A Louriña

Salceda opta á implantación de Formación Profesional no municipio

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de ensino, Ángela Ledo, reuníronse este xoves coa directora xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández, en Santiago de Compostela, para estudar a viabilidade da implantación da Formación Profesional no concello de Salceda.

O Consorcio de Augas do Louro realizará obras de saneamento e abastecemento por valor de 2 millóns de euros

O Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, vén de aprobar unha modificación orzamentaria para acometer inversións de carácter urxente por un importe total de 1.890.000 euros.

Escolares do Porriño coñecen de primeira man a actividade municipal

Un grupo de alumnos do CEIP Xosé Fernández López inaugurou hoxe as visitas guiadas á Casa Consistorial nas que participarán preto de 400 escolares do municipio.

Mos desbrozará os camiños do municipio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno Local do inicio do expediente de contratación do servizo de limpeza viaria e desbroce de camiños.

O Porriño cambiará a cuberta do polideportivo do CEIP Plurilingüe de Atios

O Concello do Porriño acometerá nos próximos días os traballos se sustitución da cuberta do pavillón polideportivo do CEIP Plurilingüe de Atios.

Mos avanza cara ao saneamento integral dando servizo a 20 casas das parroquias de Louredo e Tameiga

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe que desde a admistración local continúanse a dar importantes pasos para completar a rede de saneamento no municipio.

O Porriño planta 100 novas árbores no centro urbano

A Concellería de Parques, Xardíns e Limpeza, que dirixe José Carlos González, comezou xa os traballos de replantación do arboredo do casco urbano e Torneiros.

Comezan as obras da II fase da piscina municipal de Salceda de Caselas

O Concello de Salceda puxo en marcha esta semana as obras da II Fase da reforma e ampliación da piscina municipal.

A décimo cuarta promoción de Policías Locais inicia o Camiño de Santiago no Porriño

Máis dun centenar de axentes da Policía Local iniciaron hoxe o Camiño de Santiago dende O Porriño.

O Comité do Consorcio de Augas do Louro aproba o orzamento 2023

O Comité do Consorcio de Augas do Louro arranca este ano cun novos orzamentos aprobados de maneira definitiva o pasado mes de novembro. As contas aprobadas polo Comité ascenden a 4.266.200 euros.

Mos aproba o seu orzamento municipal para 2023

Esta semana foi aprobado definitivamente en sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Mos o orzamento municipal para 2023 (de 13 millóns de euros), que entrará en vigor un mes máis tarde do previsto, ao terse presentado alegacións por parte de GañaMos e BNG ao documento, que xa fora aprobado inicialmente en Pleno o pasado mes de novembro.

Mos conta cun aumento das licenzas urbanísticas

O departamento municipal de Urbanismo vén de elaborar e emitir un informe do balance anual de licenzas tramitadas e concedidas durante o ano pasado. En 2022 aumentaron un 16,5 % as licenzas respecto das concedidas en 2021, pasando de 406 a 472 (66 licenzas máis en 2022 que en 2021).