A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá os traballos da pasarela peonil en Amoeirolongo e reuniuse a pé de obra con técnicos do Ministerio de Fomento para comprobar o desenvolvemento dos labores na Estrada Nacional 550, e esixirlles máxima celeridade na execución das obras, que comezaron a principios de setembro e xa terían que estar rematadas dende hai tempo.
O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 120 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, presentaron esta tarde a Programación do Entroido de Mos para este ano 2023.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Ramón Porto, comezou as obras de execución dun muro de contención de pedra en Lourido, na parroquia de Cans.
Esta mañá aprobouse por unanimidade no Pleno Ordinario do mes de xaneiro do Concello de Mos a regularización da parcela municipal en San Eleuterio, para a súa posterior cesión ao IGVS, que permita o inicio da redacción do proxecto de Vivenda Protexida na mesma.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Industria, Rosario Costas, visitou o Centro Tecnolóxico AIMEN co obxectivo de coñecer as capacidades tecnolóxicas e proxectos máis destacados que está a desenvolver o centro na actualidade.
O proxecto no que estaba a traballar Pedro Pereira, antes de ser cesado no goberno, inclúe soterrar o tráfico rodado nun tramo da rúa Domingo Bueno para gañar máis espazo público en superficie e poder localizar alí un novo auditorio municipal con aparcamento público subterráneo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou onte as obras recentemente iniciadas da nova senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño. Arévalo, rexedora local mosense, informou de que os traballos deron comezo a principios de ano, tras as pasadas festas de Nadal.
A Biblioteca Municipal do Porriño, dependente da concellería de Cultura, rexistrou no 2022 o seu récord histórico de préstamos e un alto índice de participación nos seus servizos e actividades.
No día Mundial da Educación Ambiental a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible mosense, Leo Costas, visitaron o Lavadoiro do Martingueiro en Sanguiñeda para informar de que a administración local mosense vén de investir 27.000 euros na reparación dunha fonte e 2 lavadoiros.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.