Martes, 15 Xullo de 2025

A Louriña

O Porriño aposta por investir no saneamento

Dotar de saneamento a todo o municipio do Porriño foi dende o principio unha premisa do executivo local que preside Alejandro Lorenzo e, tras deseñar a folla de ruta necesaria para ultimar a rede municipal, pon en marcha actuacións que alcanzan unha inversión de case 5 millóns de euros.

Mos acolle a 1ª fase de seleccións comarcais femininas do Campionato Galego de Fútbol

Esta mañá presentouse no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga o Campionato Galego de Seleccións Comarcais (Vigo, Pontevedra, Ourense, A Costa, Santiago, Lugo, Ferrol e A Coruña) que se disputará entre O Porriño e Mos o luns 20 de febreiro e o martes día 21.

O Porriño aposta pola reforestación dos montes

O Concello do Porriño pon en marcha o proxecto Porriño Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular.

Mos acada as 800 trampas instaladas contra as velutinas

O merendeiro de Santa Mariña, na parroquia de Pereiras, acolleu a entrega por parte do Concello de 400 trampas para vespas velutinas, adquiridos con fondos propios, como parte da campaña anual de prevención contra a velutina que desde fai anos vénse desenvolvendo por parte da administración local mosense.

O SUB-GES de Mos multiplica esforzos para dar servizo a Redondela

O Concelleiro de Emerxencias e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, respostou á Agrupación de Electores de Redondela (AER), que estes días manifestaban a súa vontade de que os Bombeiros de Vigo atendan ás urxencias do municipio redondelán, tachando de ineficaz o GES de Mos.

Comeza a rehabilitación da antiga casa do mestre de San Xurxo en Salceda

Comezan as obras de rehabilitación da antiga casa do mestre de Vendanova na parroquia de San Xurxo. Traballos que se levan a cabo co Obradoiro de Emprego “Rehabilita Salceda” e que permitirán ampliar o espazo educativo nunha das escolas unitarias que acollen máis alumnado.

Chegan ao Porriño os pinchos polo Entroido

Un total de 24 establecementos de hostalería participarán nas Xornadas Gastronómicas do Entroido 2023 do Porriño. Esta ruta de pinchos forma parte do programa gastronómico posto en marcha dende o Concello do Porriño, en colaboración con AHOSPOR, para poñer en valor a hostalería local, promocionar o comercio e dinamizar a vila aproveitando os días de Entroido.

O Porriño prepárase para o seu entroido multitudinario con 1.400 participantes

No Porriño xa está todo listo para celebrar o Entroido. Tras os últimos anos marcados polas restricións retómanse estas festas cunha celebración multitudinaria que encherá as rúas de cor, música e humor.

O Programa Integradode Emprego de Mos acada xa a súa oitaba edición

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, visitaron ,na Axencia de Colocación do Concello de Mos, aos participantes no Programa Integrado de Emprego.

O velatorio do Enterro da Sardiña do Porriño volve ao Círculo Recreativo Cultural

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) celebra o Entroido a partir deste sábado cunha morea de actividades pensadas para todas as idades. A nova xunta directiva, presidida por Abel Gallego, programou bailes de disfraces para adultos e cativos e recupera o tradicional velatorio do Enterro da Sardiña e o Baile de Piñata.

Salceda, tres desfiles no mellor entroido da contorna

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación do Entroido 2023, un ano no que se recuperan os actos tradicionais e máis importantes da celebración, logo de dous anos marcados pola Covid-19.

Iniciada a obra de mellora da intersección do Alto de San Cosme cunha rotonda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia iniciou a pasada semana a obra de adecuación da intersección de San Cosme, na contorna do PK 7+600 na Estrada PO-331 Porriño-Gondomar, facendo un investimento por parte da administración autonómica de 47.968,53 €.