A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentou hoxe un gran proxecto de humanización na parroquia de Cela, que dá continuidade ao seu Plan Mos Humanizado que leva transformando o municipio e os diferentes espazos das 10 parroquias no Mos das persoas, nun municipio máis amable, cómodo e seguro para a convivencia entre a veciñanza, e con itinerarios peonís, cicloturistas e de tránsito de vehículos máis seguros e eficientes.
Onte iniciouse a obra de reforma do tellado do Pavillón Municipal Óscar Pereiro,na parte que cubre a zona central, onde se atopan os vestiarios. O prazo de execución dos traballos de substitucion do material de cubrición é de 2 semanas e contan cun orzamento de 48.308,64 euros íntegramente financiados con fondos propios municipais.
O Concello de Salceda de Caselas presentou onte mércores, 15 de marzo, as XIV Xornadas da Camelia, que se celebrarán os vindeiros 18 e 19 deste mes. Na mostra participarán máis de 60 expositores chegados de toda a xeografía galega e do norte de Portugal, que amosarán centos de variedades desta flor ornamental de orixe oriental, que se estenderán ao longo de máis de 120 metros de exposición, ubicada no Auditorio Municipal e na Casa do Concello.
O Porriño contará cunha área de caravanas e autocaravanas en pleno centro urbano, un servizo que vén a sumarse aos que xa de por si ofrece o municipio.
O Concello do Porriño une forzas coa Federación Galega de Teatro Afeccionado para traer á vila cinco obras de compañías de teatro amador. A presidenta da FEGATEA, Chelo Pampillón, e a vicepresidenta da federación, Ana Rodríguez, formalizaron a súa colaboración coa administración local que incluirá na programación cultural deste ano a posta en escena de cinco representacións teatrais no Centro Cultural Municipal e en centros culturais das parroquias para disfrute da veciñanza.
Onte presentouse na Axencia de Colocación de Mos a II Edición da Mostra de Educación e Formación, FormaMOS, que este ano contará coa novidade da presenza e participación de Pedro García Aguado, medallista olímpico coa Selección Española de Waterpolo.
A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, vén de acometer os traballos de limpeza e reparación da cuberta do CEIP Cruz Budiño, ante o risco de que se produciran danos persoais pola caída de cascallos do tellado do centro.
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que o Concello de Mos atópase finalizando o procedemento de licitación da obra de “Mellora da seguridade vial do Camiño da Cachada entre Camiño das Minadas e Camiño de Gándara, parroquia de Mos”.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo director da UNED de Pontevedra, Víctor Manuel González, a concelleira de Educación, Carolina González, inauguraron onte oficialmente as instalacións da Universidade Nacional de Educación a Distancia no Porriño.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.