Luns, 14 Xullo de 2025

A Louriña

Mos habilita amplia o espazo de estacionamento en Puxeiros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Areal, informaron de que xa se pode aparcar na parcela alugada polo Concello para habilitala como aparcadoiro en Puxeiros.

Mos “únese ao reto” da reciclaxe

A Xunta de Galicia e Ecoembes colaboran na cuarta edición da iniciativa Únete ao reto, que ten como obxectivo fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos en 11 concellos das catro provincias.

A semana que vén iniciarase a instalación do saneamento no Camiño da Coutada en Mos

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que o Concello de Mos xa ten contratada e adxudicada a acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”.

O Porriño creará un gran parque á beira do río Louro

Unha nova inversión de 401.763,52 euros é o que vén de recibir o Concello do Porriño da man da Xunta de Galicia.

Salceda formará a persoas desempregadas para mellorar o seu perfil

A Concellería de Formación e Emprego porá en marcha neste mes de abril, no CDL de O Torrón dúas formacións destinadas a orientar e formar ás persoas desempregadas para que melloren a súa procura activa de emprego.

700 ciclistas pedalearán o domingo nos montes de Budiño

Os montes de Budiño volverán ser este domingo 9 de abril epicentro do ciclismo galego. 700 ciclistas pedalearán no Porriño nas dúas probas organizadas pola AD Avanza, en colaboración co Concello do Porriño: o VI TROFEO MINI BTT CONCELLO DO PORRIÑO e o II XCO TROFEO CONCELLO DO PORRIÑO.

Mos remata as obras de seguridade viaria en Torroso e Tameiga

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que o Concello de Mos xa finalizou a acometida das obras de “Mellora da seguridade vial no Camiño do Cocho-parroquia de Tameiga e Camiño do Monte-parroquia de Torroso”.

Avatel inaugura en Salceda de Caselas

Avatel Telecom, quinto operador nacional e líder no segmento rural, xa dota de internet de alta velocidade a máis de 1.700 fogares e empresas de Salceda de Caselas (Pontevedra) e inaugura o primeiro punto de venda no municipio.

O Porriño creará un refuxio animal

O Concello do Porriño vén de iniciar o proceso para a creación dun refuxio de protección animal municipal.

Torroso inaugura o centro de día dinámico “O Son do Regueiro”

Esta fin de semana celebrouse a inauguración do Centro de Día da Comunidade de Montes Torroso “O Son do Regueiro”.

A Xunta investirá máis de 250.000 euros na restauración e posta en valor do Templete de Palacios no Porriño

A Xunta de Galicia restaurará o templete da Rede de San Luis, peza da autoría de Antonio Palacios, situada no Porriño, para o que se destinará un investimento de máis de 250.000 €. Así o avanzou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez que visitou esta peza arquitectónica co alcalde, Alejandro Lorenzo, para comprobar o seu estado actual.

O Concello de Salceda presentou a nova cartografía, planimetría e rede topográfica do municipio

O Centro Cívico de A Devesa acolleu, este pasado venres, a presentación da Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do municipio de Salceda nun acto no que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o deputado Santos Héctor Rodríguez quixeron acompañar á alcaldesa Verónica Tourón e aos concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno.