Martes, 8 Xullo de 2025

A Louriña

O gran espectáculo de O Fiadeiro chega hoxe ao Pazo de Mos

O pazo de Mos acolle hoxe sábado ás 20:00 horas a actuación de O Fiadeiro Danza 3, o ciclo promovido pola Xunta de Galicia, o propio Fiadeiro, a formación Xacarandaina e Cantigas e Agarimos, que chega este ano á súa undécima edición difundindo a danza e a música tradicionais de Galicia.

Preto de 400 participantes na Nocturna do Porriño

Un total de 372 ciclistas tomarán mañá sábado as rúas do casco urbano de Porriño na tradicional Nocturna que se celebra cada ano no mes de setembro.

Arranca ‘O Son do Pazo’ coa mellor música celta en Mos

A contorna do Pazo de Mos xa está preparada para acoller a oitava edición do festival ‘O Son do Pazo’. Este sábado, 2 de setembro, arrancará a programación xa pola mañá coa celebración das primeiras Olimpíadas Rurais.

Cruz Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia únense en Mos para integrar aos maiores na contorna dixital

Os maiores mosenses puideron “enredarse” coas novas tecnoloxías da man da Cruz Vermella no Alto de Puxeiros, onde tamén recibiron a visita das concelleiras de Política Social e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente.

Xornada de portas abertas do Club Natación Mos

O Club Natación Mos, como forma de celebrar os seu 20º aniversario, e co obxectivo de potenciar a natación, oferta xornadas de portas abertas, completamente gratuítas, durante todo o mes de setembro.

Avanzan a bo ritmo as obras de humanización das rúas Bos Aires e Progreso

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo e a concelleira de Urbanismo, Antía Carrera, acompañaron esta mañá á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na supervisión dos traballos de humanización e mellora das rúas Bos Aires e Progreso, nas que a Xunta de Galicia inviste preto dun millón de euros.

Volve o mercadiño ambulante dos domingos ao Porriño

Logo do parón no mes de agosto debido ás altas temperaturas e á baixa participación, detectada xa en xullo, as feiras do primeiro domingo de cada mes volven ao Porriño. Deste xeito, o vindeiro domingo 3 de setembro haberá mercado ambulante na vila do Louro.

Mos continúa promovendo o programa Cóidate

Desde o ano 2020 o Concello de Mos desenvolve o programa CÓIDATE. Desde a súa posta en marcha decenas de persoas veñen incorporando hábitos saudables personalizados e titorizados por un coaching.

Novo aparcamento no casco urbano do Porriño

O Porriño suma preto dun cento de novas prazas de estacionamento gratuíto no casco urbano. No último ano e medio, dende o Concello estase a xestionar a consecución de diversas parcelas, mediante a sinatura de convenios cos seus propietarios, co fin de habilitalas como aparcamento público de vehículos.

Mos celebrou a súa 33 edición da Festa dos Maiores congregando a un total de 800 persoas

Onte celebrouse a tradicional Festa dos Maiores do Concello de Mos que nesta súa trixésimo terceira edición homenaxeou a 47 matrimonios mosenses que neste 2023 celebran as súas Vodas de Ouro.

O CEIP Xosé Fernández López estrena curso con comedor

Anunciárase fai uns meses e xa é unha realidade. O CEIP Xosé Fernández López ofrecerá neste curso que está a piques de comezar o servizo de comedor escolar.

O Porriño recibe peregrinos de Italia que realizan o Camiño pola Costa polo autismo

Un grupo da Associazione Mulino Sambuy de Turín, Italia, chegaba pasadas as 14.00 horas deste sábado á Praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño logo de iniciar en Tui, a mañá do domingo, o Camiño Portugués a Santiago.