A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, desmentiu “rotundamente” que vaia a dimitir como alcaldesa do Porriño e asegura que o rumor é "alimentado de xeito interesado” apuntando directamente ao grupo municipal de EU Son. García de la Torre afirma que "nin o 6 de outubro nin noutra data inminente teño pensado dimitir” ao que engade que rematar o mandato "é idea e o meu compromiso”.
Onte á tarde celebrouse no Pazo de Mos a recepción ao deportista Hugo Vila Malvido de 10 anos, en recoñecemento polo título acadado na copa galega 2020 de salto con poni na categoría de ponis A, onde acadou a medalla de ouro.
No concello pontevedrés de Mos, unha colisión entre dous turismos deixou a dúas persoas feridas nas primeiras horas da mañá de hoxe. O choque produciuse na A-55, á altura do punto quilométrico 9 e os feridos foron encamiñados ao Hospital Álvaro Cunqueiro e ao Hospital de Fátima.
A Asemblea Xeral da Asociación de Empresarios de Mos, que tivo lugar o pasado 30 de setembro no Viveiro Industrial do Polígono da Veigadaña, tivo como punto relevante a elección de nova xunta directiva, renovando cargo o seu presidente, Manuel Castro, quen se comprometeu a seguir traballando polas empresas de Mos, o desenvolvemento económico e o emprego.
Os voceiros e concelleiros dos grupos políticos da corporación local do Porriño acordaron por unanimidade apoiar coa súa presencia a manifestación que hoxe realizarán os traballadores de “Maderas Iglesias”.
O Concello do Porriño comezará hoxe xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito que, como outros concellos limítrofes (Gondomar ou Nigrán), realizase polo axuntamento que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia que é a administración que ten esa competencia.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, deu hoxe a benvida á nova xunta directiva da Asociación de Empresarios de Mos aos que ofreceu a máxima colaboración da Xunta de Galicia para impulsar o tecido empresarial de Mos. Na clausura da asemblea xeral da asociación, na que interveu por videoconferencia, Conde asegurou que, desde que comezou a pandemia, o obxectivo do Goberno galego foi estreitar ao máximo o contacto cos axentes económicos e sociais
A Asociación de Palilleiras de Mos, unha das asociacións culturais referente do municipio mosense e integrante ademais da mesa de traballo “Mos con La Vuelta” traballa activamente nun proxecto que formará parte do atrezo na etapa número 15 de La Vuelta a España 2020, que sairá desde Mos en dirección á Pobra de Sanabria o xoves 5 de novembro ás 10 h.
A Casa da Cultura 'Castelao' de Salceda de Caselas acolleu, na mañá de hoxe, a presentación de 'Noites na Rúa' unha iniciativa que a Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), desenvolve en estreita colaboración co Concello de Salceda a través da Concellería de Comercio que xestiona Verónica Tourón. Trátase dunha actividade que se desenvolverá cada primeiro fin de semana de más e que está encamiñada a dinamizar o comercio local e hostalería a través de actividades culturais e descontos nos establecementos participantes e nos locais hostaleiros.
O corporación municipal de Mos aprobou hoxe en Pleno unha moción conxunta que recolle unha serie de medidas para apoiar aos autónomos, aos que consideran un pilar fundamental para a economía do municipio.
O Concello de Salceda está a sufrir, nestes últimos días, un acto que vai máis aló do gamberrismo e chega a ser unha ameaza para a seguridade pública e para a propia integridade física de peóns e condutores. Nas última horas, aparecían varias arquetas abertas en moi diferentes puntos do concello co perigo evidente que iso supón.
Hoxe luns 28, festivo local no Porriño, a programación das Festas do Cristo ofrecerá un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.