Martes, 1 Xullo de 2025

A Louriña

A Concellería de Infraestruturas do Porriño licita o saneamento de Corzón, en Pontellas

A Concellería de Infraestruturas do Concello do Porriño, que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, vén de anunciar a realización das obras de saneamento en Corzón, na parroquia de Pontellas. O proxecto atópase na actualidade en proceso de licitación e manterá aberto o prazo de presentación de ofertas ata o mércores 9 de xuño.

Salceda e As Neves asinan un convenio para ceder, por parte das Neves, unha biotrituradora de refugallos de poda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, asinaron este venres, acompañdos polos concelleiros de Medio Ambiente dos dous concellos, Rubén González Coto, e Óscar González, un convenio que regula a cesión gratuita, por parte das Neves, dunha máquina trituradora de refugallos de poda e reciclaxe de refugos vexetais.

A alcaldesa de Mos anuncia un Plan Municipal de Apoio á Hostalería

O sector que está a ser o gran damnificado pola crise da Covid-19, o da hostalería, está a sufrir agora no municipio de Mos un novo varapalo derivado do nivel máximo de incidencia no que se atopa o Concello e que o vindeiro sábado obrigaralles a pechar de novo as súas portas.

Vendida unha parcela municipal do Porriño á empresa Iberembal

Eva García, alcaldesa do Porriño, firmou esta pasada semana con Enrique Mastral, director xeral da empresa “MassilIy Ibérica Iberembal”, a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal.

Mos asina un convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

A presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, veñen de asinar no salón de sesións do Concello, o convenio de colaboración entre a asociación e a administración local.

ADIF agarda suprimir o paso a nivel do Porriño con fondos “Next Generation” da UE

ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e “Prointec” para determinar as características do chan.

Salceda acolle, este sábado, o primeiro Torneo de Balonmán Cadete Feminino

Para despedir a tempada, o adestrador do Balonmán Caselas, Richi, vén de organizar o 'l Torneo Cadete Concello de Salceda' que se celebrará este vindeiro sábado 29 de maio, dende as 9:30 horas no Pavillón Municipal de Salceda. O torneo nace coa finalidade premiar ao grupo de xogadoras do BM Caselas que, neste complicado ano, competiron a moi bo nivel.

Dous axentes da Policía Local do Porriño evitan un suicidio nunha ponte nas Gándaras

Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A55 co polígono das Gándaras. Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrado pola parte exterior da varanda da ponte, "con claras intencións de arroxarse cara a vía do tren", segundo sinala o atestado.

Pavimentaranse 5 viais municipais en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e o arquitecto municipal, Ramón Vega, visitaron está mañá a primeira xornada de traballos na obra de mellora da pavimentación no Camiño de Couso, na devandita parroquia.

Sanidade establece o nivel máximo de restricións no concello de Mos e nivel medio para Ponteareas

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións no concello de Mos, ao igual que aos de Lobios, e A Pobra do Caramiñal.

Mos ofrece 6 cursos online gratuítos para paliar a situación de vulnerabilidade dixital

O Concello de Mos, desde a súa Axencia de Colocación, organiza unha serie de cursos online. Trátanse de talleres organizados pola administración local mosense en colaboración coa Fundación Cibervoluntari@s a desenvolver durante o vindeiro mes de xuño.

O Porriño xa ten o proxecto da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, Pontellas

O Concello do Porriño agarda iniciar en agosto as obras da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, na parroquia de Pontellas, segundo as previsións que manexa Pedro Pereira, concelleiro responsable de Infraestruturas.