Luns, 5 Maio de 2025

O Porriño

Inclúese unha comunidade de augas máis no reparto de subvencións do Concello do Porriño

Finalmente son dez as comunidades de augas de consumo que acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.

O Concello do Porriño manifesta o seu orgullo de que unha empresa local sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a...

O Concello do Porriño manifesta “o seu orgullo de que unha empresa asentada neste termo municipal” sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a Covid-19. Trátase de “Biofabri”, filial do grupo “Zendal” que foi elixida pola compañía norteamericana “Novavax” para realizar a produción da vacina para a Unión Europea, segundo o acordo anunciado.

A ‘Batalla de debuxantes ImprovisDado’ do Porriño, chega a súa final o vindeiro sábado

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño presentou onte a final do concurso 'Batalla de Debuxantes ImprovisDado” que terá lugar o vindeiro sábado 19 de setembro, a partir das 17 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello, unha iniciativa que se desenvolve ao abeiro da programación das Festas do Cristo 2020.

A Escola de Ciclismo A.D. Avanza do Porriño, de celebración polo Campionato de España Junior de David Fernández Pérez

O corredor da A.D.AVANZA, David Fernández Pérez vén de proclamarse Campión de España 2020, na modalidade de Enduro, nos campionatos celebrados no Pirineo Aragonés. O corredor tudense do equipo do Porriño era un dos sete riders da Selección Galega que participaba nesta proba.

Eva García ofrece a súa mediación aos traballadores de ‘Maderas Iglesias’ e instará unha reunión conxunta de alcaldes co conselleiro de Industria

A plantilla da firma porriñesa “Maderas Iglesias” solicitou hoxe a Eva García de la Torre que inste unha reunión conxunta de alcaldes dos concellos afectados por la crise desta firma co conselleiro de Industria e vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.

Fomento amosa unha “disposición favorable” a cecer ao Porriño o treito da N-120 entre Cans e a rotonda do Confurco

O Concello do Porriño trasladou onte ao Goberno Central a petición de que o treito da N-120, entre Cans e a rotonda do Confurco sexa cedido á administración municipal. A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira expuxeron a petición a Maica Larriba, subdelegada do Goberno Central e a Pablo Alonso, representante da Demarcación de Estradas do Estado dependente do Ministerio de Fomento.

A Escola Municipal de Música abre a matrícula para o curso 2020/2021

Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.

A alcaldesa e a concelleira de Educación comprobaron os protocolos no primeiro día de volta ás clases

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiron esta mañá ao CEIP “Antonio Palacios” para comprobar in situ o desenvolvemento dos protocolos anti-covid no primeiro día de volta ás clases.

O Porriño vai ter Festas do Cristo “diferentes e seguras” neste 2020

O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou hoxe Eva García de la Torre coa ocasión da presentar o programa festivo.

A Policía Local verificará que o acceso aos centros docentes realícese de xeito seguro no comezo das clases

Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado. Tamén se efectuará a mesma vixilancia na saída dos escolares.

O Concello amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de sinistros laborais

O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal. Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador dunha empresa de granito no polígono das Gándaras, ocorrido onte martes. Como nos casos anteriores, dende a Alcaldía, a súa titular, Eva García trasladou as condolencias do Concello por este doloroso suceso.

A alcaldesa do Porriño pide unha reunión co novo conselleiro de Sanidade para a ampliación do centro de saúde

A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia de la Torre, solicitou hoxe por carta unha reunión ao novo Conselleiro de Sanidade "para abordar o estado do proxecto de ampliación do Centro de Saúde do Porriño". A rexedora porriñesa no seu escrito lémbralle ao novo titular do departamento, Julio Garcia Comesaña, "que hai meses firmou co seu antecesor, Jesús Vázquez Almuiña o convenio para ampliación desta instalación sanitaria".