A Asociación deportiva Avanza apura ata o último detalle de cara a xornada do sábado, na que o velódromo municipal do Porriño acollerá unha xa clásica proba do ciclocross galego. Nerviosismo e emoción entre os e as deportistas da Escola da Asociación Deportiva Avanza para participar nas dúas probas que se disputarán na fin de semana e que suporán o peche final da Copa Galicia de Ciclocross.
O programa de formación e inserción "Porriño Accede" obtivo a inserción laboral de 75 persoas, todas elas residentes no municipio, durante este ano 2020. A maioría das inseridas no mercado laboral estaban desempregadas.
O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, establecido no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria.
O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal denominado “O Porriño Informa”. Trátase dunha app de comunicación bidireccional entre Concello e os cidadáns. “O Porriñó informa” é unha aplicación para teléfonos móbiles que notifica aos veciños e vecinas sobre bandos, anuncios, noticias e información do Concello de xeito inmediato a través do teléfono móbil.
A coordinadora de Esquerda Unida Eva Solla, xunto coas concelleiras de EU Son do Porriño, Blanqui Francés e Patricia Sío valoraron en rolda de prensa os orzamentos da Xunta de Galicia que afectan ao Porriño. A concelleira de EU Son Porriño Patricia Sío, centrou a principal eiva dos orzamentos da Xunta na ausencia total de investimento tanto para a mellora do centro de saúde tanto en materia de infraestruturas como de medios humanos.
O Grupo Municipal de EU Son do Porriño anunciou a súa intención de non seguir formando parte "dunha Comisión de Seguimento da COVID sen contido e usada a a conveniencia para lexitimar a inoperancia, a desidia e incapacidade de xestión".
A alcaldesa do Porriño, Eva García congratulase de que a Consellería de Sanidade xa solicitase a licenza para a obra en relación co proxecto de ampliación do Centro de Saúde, e así móvase ficha na boa dirección.
O 112 Galicia rexistrou un incendio pouco antes da medianoite no Porriño, no que foi necesaria a asistencia médica para a ocupante da vivenda, pois presentaba queimaduras nun brazo.
Os centros educativos do Porriño centralizan a recollida solidario de alimentos e produtos de hixiene infantil coa ocasión de celebrarse este martes 1 de decembro o “Giving Tuesday” ou “Martes de dar”, un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.
A melloría no Porriño segue a confirmarse como acreditan os 62 casos activos de infectados, segundo comunicou hoxe o SERGAS. Supoñen unha notable rebaixa dos que tiñamos hai unha e dúas semanas atrás, segundo valorou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid que celebrou reunión telemática, presidida pola alcaldesa Eva García.
Mañá 1 de decembro é o “Giving Tuesday” ou “Martes de dar”, un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. Este ano 2020, por iniciativa dos nenos e nenas do Porriño e segundo acordouse no último pleno infantil celebrado, realizaráse unha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.