Mércores, 7 Maio de 2025

O Porriño

Reparada a avaría da condución xeral e restáurase o subministro de auga no Porriño

O Consorcio de Augas do Louro vén de comunicar ao Concello do Porriño que ás 11 da mañá rematou a reparación da avaría que provocou un corte de subministro de auga que afectou a todo o centro urbano da localidade.

O Porriño presenta a segunda ‘Batalla de debuxantes Improvisdado’

O Concello do Porriño presentou onte a que será a segunda edición da 'Batalla de Debuxantes Improvisdado', un certame “singular e único que organiza o Concello porriñés coa intención de crear novas formas de expresión artística, querendo romper estándares e normas non escritas da arte”, sinalou na presentación Cami Moreira, concelleira de Cultura, Mocidade e Festas.

Boas sensacións para a escola de ciclismo Avanza na primeira proba de XCO do ano 2021

Os riders da escola de ciclismo Avanza do Porriño trasladáronse a pasada fin de semana ata a localidade madrileña de Villa del Prado para participar na SUPER CUP UVES-X-SAUCE VILLA DEL PRADO como previo, e o inicio do OPEN DE ESPAÑA XCOFIDIS que dará comezo a vindeira fin de semana no parque forestal Cerro de las Contiendas, en Vallladolid.

O Concello fixo unha nova entrega de trampas contra a velutina

A Concellería de Medio Ambiente, a través do seu responsable, Sergio Casal, entregou a José Porto, en representación dos apicultores do Porriño, materiais para a loita contra o avance da vespa velutina.

Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes ás subvencións municipais para as comunidades de augas de consumo do Porriño

O Concello do Porriño informa de que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse das subvencións municipais ás comunidades de auga potable, que este ano 2021 teñen un importe total de 95.000 €.

A alcaldesa do Porriño solicita ao Conselleiro de Sanidade, en nome da hostalería, unha ampliación do prazo para descargar os códigos QR

A alcaldesa Eva García dirixiu esta mañá unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, solicitándolle a considerar que a Xunta de Galicia amplie o prazo para formalizar os trámites necesarios para o "Plan de Hostalería Segura".

A Biblioteca do Porriño sempre na vangarda

Entrar na biblioteca do Porriño xa non é un ritual dedicado ao silencio e as lámpadas de lectura, reservado para ás persoas de oposicións ou universidade entregadas aos seus exames. A biblioteca é algo moi diferente hai máis dunha década.

Marzo de Sábados Teatrais

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas innovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “TEATRO CONFINADO”.

O Concello e a Policía Local establecen protocolos coa hostalería para garantir o cumprimento das restricións

Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.

O Porriño remata a construción dun novo observatorio de aves nas Gándaras de Budiño

O Concello do Porriño deu por rematados os traballos de construción do novo observatorio de aves das Gándaras de Budiño. É o primeiro observatorio en altura establecido neste entorno natural e substitúe a un dos tres preexistentes, segundo explicou a Concellería de Infraestruturas.

Dende onte a piscina municipal do Porriño está aberta ao uso de usuarias e usuarios

Na mañá de onte, coa estrea dunha nova desescalada, o Concello do Porriño anunciou a reapertura da Piscina Municipal, efectiva a partir de onte venres, 26 de febreiro. Segundo a dirección da instalación, o uso da piscina lévase a cabo nos mesmos termos que antes do 27 de xaneiro, é dicir, mediante solicitude de cita tanto para a piscina como para o ximnasio, xa que as quendas de uso son con capacidade restrinxida.

Todo o persoal da Policía Local do Porriño vacinarase contra a Covid-19

Todo o persoal da Policía Local do Porriño vacinarase contra o Covid. En total 23 persoas. A relación xa se enviou ao Servizo Galego de Saúde, a través da FEGAMP que media a xestión e que notificou á Concellería de Seguridade que o persoal policial vacinarase a partir do 5 de marzo.