Sábado, 3 Maio de 2025

O Porriño

O Porriño abre hoxe o seu Mercadillo de Nadal

Logo do acendido das luces e instalación de decorado de Nadal, o inicio da música das rondallas e outras actividades propias destas datas, quedaba por inaugurar o mercadillo de Nadal no Porriño.

O Porriño selecciona a 100 participantes para o seu novo programa de emprego integrado

O Concello do Porriño atópase na fase de selección de participantes para unha nova iniciativa de emprego e formación. Trátase dun Programa Integrado de Emprego dirixido a persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación, mulleres desempregadas, persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas e parados de longa duración para o cal se convocan un total de 100 prazas.

A canción do Nadal 2023 nace no Porriño

O grupo Xeración M vén de proclamarse gañador do concurso “Este Nadal canta con nós” da CRTVG e con tal motivo foi recibido no Concello do Porriño.

A maxia do Nadal ilumina xa O Porriño

O Porriño viviu onte unha emotiva tarde coa praza Arquitecto Antonio Palacios ateigada de público, nenos e maiores, para vivir xuntos un dos momentos máis ilusionantes do ano, o acendido do alumbrado de Nadal.

O Porriño presenta o seu novo punto violeta

A Secretaria Xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañou ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e á concelleira de Igualdade, Carolina González, na presentación do novo Punto Violeta do Concello do Porriño.

O Porriño acende o Nadal este mércores

O Porriño dará a benvida este mércores á tempada de Nadal co acendido do seu alumeado. A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá a partir dos 17 h varias actividades para festexar por todo o alto o arranque do Nadal.

Aberto o prazo para inscribirse no campamento de Nadal

O vindeiro 22 de decembro comezará o Campamento de Nadal organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ambos inclusive. Tendo preferencia os empadroados no Porriño.

Aberto o prazo para participar no “I Mercadiño de Nadal do Porriño”

O Concello do Porriño organiza o I Mercadiño de Nadal con produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados con estas datas tan entrañables.

O Porriño reivindica unha sociedade na que non se discrimine a ninguén

O pavillón municipal do Porriño acolleu hoxe a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que, como cada ano, organiza Aceesca Porriño para reclamar a implicación de toda a sociedade para a plena inclusión das persoas con diversidade.

Concello do Porriño e Diócese de Tui-Vigo formalizan a cesión da casa cultural de Cans

O Concello do Porriño e a Diócese de Tui-Vigo formalizaron o convenio que dá resposta a unha das grandes demandas da veciñanza de Cans: a cesión da casa cultural da parroquia.

Os novos voluntarios de Protección Civil do Porriño, Val Miñor, Salceda e Redondela reciben os seus carnés

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este martes o acto de entrega dos novos carnés de voluntariado de Protección Civil celebrado no Porriño.

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño asesora a medio cento de persoas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, participou no acto de inauguración do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, un dos doce activos en toda a comunidade e dos dous dispoñibles na provincia de Pontevedra.