Xoves, 3 Xullo de 2025

O Porriño

O Porriño promociona a Praza de Abastos cun showcooking de Entroido

O Concello do Porriño quere poñer en valor e dinamizar a praza de abastos municipal. Para iso, levará a cabo unha serie de melloras e iniciativas, a primeira delas este sábado ás 12:30 h.

O Porriño procede ao valado urxente do Parque do Cristo ante o risco de caída das árbores

O Concello do Porriño xa ten os resultados do informe técnico que se solicitou á Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra sobre o estado dos tilos do Parque do Cristo, debido ao seu aparente mal estado e á caída de varios deles.

O Porriño contrata a esterilización da súa poboación felina

O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 150 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.

A Deputación acondicionará as estradas EP-2403 e EP-2404 do Porriño e Gondomar

A Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde a tres proxectos de mellora das infraestruturas provinciais ao abeiro do modelo de mobilidade segura e amable da institución provincial, que supoñen un investimento de preto de 1,5 millóns de euros (1.484.931€).

O Porriño presenta o seu programa de entroido que terá como protagonistas aos nenos e nenas

Na Vila do Louro xa está todo listo para disfrutar do Entroido. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, presentaron onte o programa de actos deseñado polo Concello, no que os nenos e nenas xogarán un papel protagonista.

O Porriño aproba a maior achega municipal da súa historia para a contratación de persoal

O pleno da corporación local aprobou cos votos a favor do Goberno Local e EU SON do Porriño, e a abstención do resto dos grupos, a maior aportación municipal da súa historia para a contratación de persoal. O custe do programa laboral deseñado polo executivo para a contratación de 43 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos roza o medio millón de euros: 450.489 euros, dos cales 226.489 corresponden á solicitude aprobada xa polo ente provincial.

O Porriño e Mos desfrutarán xuntos deste Entroido

Os veciños e veciñas do Porriño e Mos disfrutarán xuntos deste Entroido. Será o sábado, 26 de febreiro, cando se celebre o I Desfile Conxunto de Entroido entre ambos concellos no que participarán 16 comparsas, 8 de cada municipio.

O Porriño vaise de pinchos polo entroido

Un total de 19 establecementos de hostalería porriñeses participarán nas Xornadas Gastronómicas do Entroido 2022.

A AECC atendeu a 253 pacientes e familias no Porriño

A Asociación Española Contra o Cancro levou a cabo o ano pasado 253 intervencións que tiveron como beneficiarios a veciños e veciñas do Porriño, a través dos seus diferentes programas.

A gaita de Susana Seivane sorará no Porriño en homenaxe a Rosalía

O Concello do Porriño, a través das concellerías de Normalización Lingüística e Cultura e en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, preparou unha programación específica para celebrar o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

O Entroido do Porriño 2022 xa ten cartel e pregoeiros

O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2022. O deseño de Valeria Lage, alumna de primeiro curso da ESO do CPR Santo Tomás, foi elixido como gañador do I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscaban as mellores ilustracións para promocionar as festas deste ano.

A cultura invade O Porriño co teatro e a música como protagonistas

A Concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, presentou a súa programación cultural para este trimestre. Música, teatro, animación á lectura e conferencias conforman esta oferta cultural dirixida tanto a público adulto como infantil.