Venres, 2 Maio de 2025

O Porriño

A Feira do Libro arranca este xoves co pregón a cargo do Club de Lectura do Porriño

Este xoves volve ao Porriño a Feira do Libro de Galicia, que ata o domingo aglutinará diferentes actividades culturais no barrio de San Bieito e contará coa participación de diversos escritores de renome, coma o porriñés Xulio Teixeira. A feira, organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello do Porriño, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, comezará na tarde do xoves co pregón do Club de Lectura de Biblioteca do Porriño e a actuación musical do Grupo Fonteliño, na carpa de actividades.

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción de ‘Concello Emprendedor’

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe a adhesión do Porriño á Rede de Concellos Emprendedor. Foi nun acto que se desenvolveu na casa consistorial e que contou tamén coa presencia do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a directora do IGAPE, Covadonga Toca, e unha nutrida representación do tecido empresarial do municipio.

O Kiwi Atlántico-Creaga presenta o seu reforzado equipo para esta tempada

O Club Master Louriña presentou hoxe ao seu equipo feminino, o Kiwi Atlántico-Craega. Ao acto de presentación acudiron o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o presidente do Club Master Louriña, Juan José Álvarez, a directora nacional do equipo, Sonia Pariente, e o responsable do principal patrocinador Kiwi Atlántico, Rafa Pérez.

O Porriño acolle a esperada ‘Feira apícola Rías Baixas’ declarada de Interese Turístico de Galicia

A Feira Apícola Rías Baixas chega á súa trixésimo sexta edición con máis forza ca nunca da man dun nutrido programa de actividades dirixidas tanto aos maiores como aos cativos da casa, que nos convidan a vivir unha doce e diferente fin de semana no Porriño.

O Porriño paga aos seus provedores “antes que nunca”

O Concello do Porriño pechou o cun ano cun período medio de pago de 42,81 días tal e como reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda no último trimestre do exercizo económico do 2023 que recolle o periodo medio de pago a provedores (PMP) das entidades locais.

O Porriño impulsa a declaración da ‘Festa dos Callos, e a ‘Feira apícola Rías Baixas’ como festas de Interese Turístico de Galicia

O Concello do Porriño iniciará os trámites necesarios para declarar a Festa dos Callos e a Feira Apícola Rías Baixas, dous emblemáticos eventos da localidade, como Festas de Interese Turístico de Galicia, en recoñecemento á súa importancia cultural, gastronómica e turística para a rexión.

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

29 comercios do Porriño sacan os seus saldos á rúa

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez, presentaron hoxe a XXIX edición da Feira de Oportunidades “Merca na Rúa”. O evento celebrarase o venres 15 e o sábado 16 de marzo. “Instalaranse 29 postos de venta na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos.

O Círculo do Porriño volve a abrir rúas a mulleres destacadas da Louriña nas súas instalacións

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) celebra un ano máis o Día Internacional da Muller coa iniciativa 'Mulleres nas rúas'. Cinco mulleres vinculadas ao Porriño e ao propio CRC terán unha rúa co seu nome dentro das propias instalacións da entidade. O próximo xoves, ás 19:00 h, inauguraráse o novo rueiro nun acto aberto a toda a sociedade porriñesa.

O Porriño reivindica unha igualdade “real e efectiva”

O Concello do Porriño presentou hoxe a súa programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, con actividades de visibilización sobre o papel das mulleres en diversos ámbitos e a relevancia de seguir reivindicando unha igualdade real e efectiva.

O Porriño renovará o alumeado público dos polígonos residenciais de Torneiros

O Concello do Porriño xa puxo en marcha o proxecto de sustitución do alumeado público do polígono residencial de Torneiros e parque Piñeiro. A primeira fase desta actuación xa está aprobada e contempla a renovación de 105 lámpadas por luminarias LED nas zonas peonís das fases II e III. Conta cun investimento de 40.000 euros ao abeiro dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

O Porriño conecta o núcleo de vivendas de A Droza, en Cans, á rede de saneamento

A rede municipal de saneamento do Porriño conecta novas vivendas na parroquia de Cans. Trátase concretamente do núcleo de A Droza, no que se están a executar as obras de mellora do saneamento de fecais que permitirán conectar 9 vivendas que ata o de agora non disponen de acceso a este servizo.