Mércores, 2 Xullo de 2025

Mos

Mos contará cun centro de coidados intermedios público

A Xunta publicará mañá o contrato de licitación para a redacción do proxecto básico e de execución do futuro centro de coidados intermedios público de Mos.

Luz verde para o proxecto de intersección da N-550 en Louredo

Concello de Mos e Plataforma de Afectados da Estrada Nacional 550 en Louredo ofreceron á veciñanza da parroquia unha reunión informativa e de asesoramento técnico sobre a aprobación provisional por parte de Fomento do proxecto para a intersección da N-550 en O Tablado.

Mos traballa no convenio coa Asociación Psicoanalítica de Galicia para reforzar o servizo de apoio psicolóxico municipal

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse na sede do departamento no Edificio Multiusos das Pozas, acompañadas pola psicóloga municipal, Elena Bastos, co presidente da Asociación Psicoanalítica de Galicia

Aberto o prazo de solicitude de axudas escolares en Mos

Co inicio do curso escolar 2023-24, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Educación e Política Social, Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente, informan da apertura tamén do prazo para solicitar as axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor.

Volve DesfilaMos e Concurso de Novos Deseñadores das Palilleiras de Mos

A Asociación de Palilleiras de Mos organiza unha nova edición do seu Concurso de Novos Deseñadores e o DesfilaMos 2023 que terá lugar o vindeiro sábado 16 de setembro ás 20.30 horas nos xardíns do Pazo de Mos.

Mos dá un paso máis no seu camiño cara a transformación fomentando o comercio local

O evento ‘Queda en Mos’ dará un impulso ao comercio abrindo unha nova etapa para a economía local. O Concello de Mos dinamiza este encontro multisectorial entre os comerciantes e profesionais locais para estimular o asociacionismo e a visibilización.

O conselleiro de Educación visita o IES de Mos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, realizou unha visita ao instituto IES de Mos, onde estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, os tamén edís mosenses Camilo Grandal e Feli Rodríguez, e os directores de todos os centros educativos públicos do municipio.

O Concello de Mos abre o prazo de inscrición no programa municipal para maiores Exercítate

Aberto o prazo de inscrición no programa Exercítate que comezará durante este mes cos seguintes horarios: as clases de natación lévanse a cabo os martes e xoves de 10.45 a 11.30 h e os mércores e venres de 11.00 a 11.45 h. Doutra banda, as clases de ximnasia demantemento realízanse os mércores e venres e os martes e xoves; en ambos os casos en horario de 10.45 a 11.45 h

O gran espectáculo de O Fiadeiro chega hoxe ao Pazo de Mos

O pazo de Mos acolle hoxe sábado ás 20:00 horas a actuación de O Fiadeiro Danza 3, o ciclo promovido pola Xunta de Galicia, o propio Fiadeiro, a formación Xacarandaina e Cantigas e Agarimos, que chega este ano á súa undécima edición difundindo a danza e a música tradicionais de Galicia.

Arranca ‘O Son do Pazo’ coa mellor música celta en Mos

A contorna do Pazo de Mos xa está preparada para acoller a oitava edición do festival ‘O Son do Pazo’. Este sábado, 2 de setembro, arrancará a programación xa pola mañá coa celebración das primeiras Olimpíadas Rurais.

Cruz Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia únense en Mos para integrar aos maiores na contorna dixital

Os maiores mosenses puideron “enredarse” coas novas tecnoloxías da man da Cruz Vermella no Alto de Puxeiros, onde tamén recibiron a visita das concelleiras de Política Social e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente.

Xornada de portas abertas do Club Natación Mos

O Club Natación Mos, como forma de celebrar os seu 20º aniversario, e co obxectivo de potenciar a natación, oferta xornadas de portas abertas, completamente gratuítas, durante todo o mes de setembro.