Sábado, 5 Xullo de 2025

Mos

Mos presenta a décimo sétima edición das Xornadas Micolóxicas

Onte pola tarde, ás 20.30 horas, celebrouse o acto de presentación da XVII Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que tivo lugar no Bar Miro Pereira, en Petelos.

Eu Rural súmase á campaña ‘O rural contra a violencia de xénero’ cunha andaina o vindeiro 13 de novembro

Eu Rural súmase á campaña ‘O rural contra a violencia de xénero’ coordinada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural co gallo do Día Mundial da eliminación da violencia contra a muller o vindeiro 25 de novembro.

Mos instala os microchips aos cans beneficiarios da campaña de prevención do abandoo e/ou perda

Xa comezaron a colocarse na Clínica Veterinaria Ars Canis Val da Louriña, que sita en Peinador, os microchips aos cans inscritos na campaña de implantación emprendida desde a concellería de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos.

Ciclista ferido en Mos

Un ciclista tivo que ser trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, isto sucedía logo de sufrir un atropelo no concello de Mos. Foi o propio ferido quen chamou ao 112 Galicia, a poucos minutos das 15:30 horas de onte, para informar de que acababa de ser atropelado na Avenida de Galicia.

Homenaxe ás mellores da danza mosense

O venres celebrouse, no salón de sesións do Concello de Mos, a recepción a Patricia Martínez pola medalla de bronce no Campionato do Mundo PD 10 Bailes e ás Meninas (adestradas tamén por ela), por erixirse Campioas Galegas Junior Territorial Iniciados de Danza Coreográfica.

Desbloqueada a ampliación do paseo do Louro ata Queirón en Louredo

A alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, informou de que por fin queda desbloqueada a ampliación do paseo do Louro ata Queirón, parroquia de Louredo, ao concluír a vía xudicial dos recursos presentados contra o proxecto de expropiación en favor da administración local mosense.

O venres abrirá o prazo de inscrición nunha nova viaxe para maiores

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase de que xa hai organizada unha nova excursión para maiores. ESta actividade atópase dentro do programa municipal ‘É TEMPO DE VOLVER VIAXAR’.

Mos comeza a traballar no seu IV Plan Municipal de Igualdade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que desde o Concello, concretamente desde o departamento municipal de Benestar Social e o CIM (Centro de Información á Muller de Mos) comézase a traballar no IV Plan de Igualdade.

Arranca o Obradoiro de Emprego “SOMOSMOS”

O Concello de Mos comezou un novo obradoiro de emprego que leva por nome “SOMOSMOS”, tras a clausura hai un par de semanas doutros dous obradoiros, o “Mos Peregrino” e "Mocidade no Camiño".

Susana Alonso gaña por terceira vez o Nacional de Ultramaratón

Esta semana celebrouse, no salón de sesións do Concello de Mos, a recepción a Susana Alonso Carballo que o pasado sábado 23 de outubro revalidou o título de Campioa de España de BTT - Ultramaratón.

Concello, Xunta e empresa buscan conxuntamente vías de traslado do aserradeiro de Puxeiros a outro lugar do municipio

Onte celebrouse no Concello de Mos unha reunión entre os xefes territoriais de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Antonio Crespo e José Manuel González, respectivamente, os propietarios do aserradeiro do Alto de Puxeiros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil de Urbanismo, José Areal; e tres técnicos deste útimo departamento municipal (enxeñeira, arquitecto e xurídico).

A Policía Local de Mos fará prácticas de tiro cun instructor e dependiencias da Policía Nacional

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez Reguero, desprazáronse onte ata o edificio da Policía Nacional en Vigo, sito na rúa López Mora, para asinar un convenio de colaboración.