Luns, 7 Xullo de 2025

Mos

Mos reúnese coas asociacións de Dornelas e Mos sobre a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na estrada Puxeiros-Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil mosense de Urbanismo, José Areal, e o arquitecto municipal, Manuel Toucedo, veñen de reunirse esta semana con dúas das asociacións veciñais das parroquias afectadas pola estrada provincial Puxeiros-Mos, concretamente coa Asociación de Veciños Santa Eulalia de Mos e Asociación de Veciños de Dornelas.

Os interesados en compoñer a letra do himno de Mos xa poden presentar as súas creacións por Rexistro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá mosense, Sara Cebreiro, informaron esta mañá de que onte abriuse o prazo de presentación de propostas para a letra do himno oficial do Concello de Mos, que permanecerá aberto durante 60 días a contar dende o día de onte, xoves 20 de xaneiro de 2022.

Salceda, O Porriño e Mos renovan as súas infraestructuras cunha achega da Consellería de Deporte

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe os tres concellos onde a Xunta de Galicia levou a cabo obras de renovación das súas infraestruturas deportivas a tenor dos convenios de colaboración asinados cos gobernos locais.

Mos e Deputación asinan o convenio para a reforma integral da Biblioteca Municipal que levará o nome de «María Magdalena»

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaron na mañá de hoxe no Pazo Provincial o convenio de colaboración entre ámbalas dúas administracións para a acometida da reforma integral da Biblioteca Municipal que levará o nome de 'María Magdalena'.

Mos sumérxese na patinaxe artística internacional de alto nivel

Esta pasada fin de semana, o sábado 15 e onte domingo, 16 de xaneiro, en horario de 09.00 horas da mañá a 21.00 horas da tarde, o Pavillón Óscar Pereiro acolleu o I Campus de Patinaxe Artística “Concello de Mos” organizado polo mosense Club de Patinaxe Rosaleira.

Mos conecta as depuradoras de Herville e Petelos á rede de saneamento do Consorcio de Augas do Louro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez, deron conta da contratación do proxecto de conexión á rede municipal da rede de saneamento de Herville e rede de Abelenda que será acometido polo Consorcio de Augas do Louro, comezando a obra en breve, e polo que a depuradora municipal de Herville pasará a verter directamente á rede de saneamento.

Alimentación saudable e primeiros auxilios na escola, educación sexual e discapacidade, temas tratados na Mesa da Saúde de Mos

Onte pola mañá celebrouse a 2ª sesión ordinaria da “Mesa Coordinadora dos Programas Municipais de Saúde” (Mesa creada e constituída en marzo do ano pasado) no salón de actos da Axencia de Colocación, coa asistencia da concelleira de Política Social e Igualdade e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, e a de Educación, Julia Loueiro.

A Asociación Érguete e a Deputación previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias

A Asociación Érguete e a Deputación de Pontevedra previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias durante o último ano

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño levará a FITUR ás mulleres do Camiño Portugués

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para dar a coñecer o seu potencial turístico. Os alcaldes dos 14 concellos que abrangue o Xeodestino celebraron unha reunión.

Mos aproba en Pleno o Convenio de Colaboración para o desenvolvemento do GES de Mos durante 2022 e 2023

Esta mañá produciuse a aprobación en Pleno pola maioría dos seus membros, cos votos a favor do goberno local (PP) e do grupo municipal do PSOE de Mos e os concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román González, e a abstención de GañaMos e BNG, do Convenio de Colaboración en materia de Emerxencias e Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, para o desenvolvemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mos durante os anos 2022 e 2023.

O Concello de Mos conciencia sobre a importancia da corta de árbores en zonas habitadas

O concelleiro de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos, Leo Costas, informou hoxe da caída dunha gran árbore na parroquia de Pereiras, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de cortar os exemplares próximos ás casas para evitar o perigo que representan

Mos concedeu o dobre de licenzas para vivenda unifamiliar nova e aumento do 75 % das de primeira ocupación

Como cada ano no mes de xaneiro, faise público desde o Concello de Mos o balance anual de licenzas urbanísticas concedidas durante o exercizo anterior. E así o facían onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, José Areal.