Luns, 7 Xullo de 2025

Mos

A mosense María del Carmen Barros, graduada con 18 matrículas e unha media de 9,4

Onte pola tarde celebrouse no Concello de Mos a recepción a María del Carmen Barros Serodio, unha moza recén graduada pola Universidade de Vigo que sobresae pola excelencia do seu expediente académico.

Fase final dos traballos de recuperación das tumbas dos primeiros Marqueses de Mos, na Igrexa de Santa Baia

Un gran patrimonio cultural e histórico da parroquia e do Concello de Mos, que caera no esquecemento, volverá a locer en breve en todo o seu esplendor grazas á implicación da Xunta de Galicia a través da consellería de Cultura, da administración local e da comunidade parroquial para poñelo en valor.

As festas de Mos contarán con MORAT como cabeza de cartel

Onte tivo lugar a presentación dos actos conmemorativos do patrón de Mos, San Mamede, nas que se inclúe o concerto estrela de MORAT.

Xunta e Concello de Mos acordan San Eleuterio como zona para a construción de Vivenda Protexida

O xoves pola mañá o director xeral do IGVS, Heriberto García Porto, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, acompañados de varios técnicos municipais, reuníronse para perfilar o Plan de Vivenda Protexida en Mos.

Mos acometerá un muro na estrada Olegario Rodríguez que mellorará notablemente a seguridade viaria

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente acalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que xa se atopa iniciado o procedemento de contratación para a construcción dun muro de contención na estrada Olegario Rodríguez Gayoso.

Traslado de libros e material da Biblioteca á Axencia de Colocación para o inicio das obras

A semana pasada comezou o traslado da Biblioteca Municipal ao edificio da Axencia de Colocación, xa que as obras de mellora da Biblioteca, que pasará a chamarse María Magdalena tras a reforma, iniciaranse antes do día 27 deste mes.

Mos mellorará o acceso ao Pazo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e membros da directiva da Fundación Pazo de Mos e da Comunidade de Montes de Mos, reuníronse esta mañá na entrada ao Pazo para analizar xunto co arquitecto municipal e redactor do proxecto, Manuel Toucedo, a mellora do acceso ao edificio.

O Consorcio de Augas do Louro entrega os premios do V Concurso de Debuxo

A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”.

Novo equipo de excarceración para o Servizo de Emerxencias de Mos

O Concello de Mos vén de recibir da AXEGA un novo equipo de excarceración para o Servizo Municipal de Emerencias, GES e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Emerxencias, Leo Costas, e o coordinador do Servizo Municipal, Rodrigo Iglesias.

Mos inviste na mellorará a Pista de San Eleuterio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil de Deportes, José Areal, informaron hoxe de que se atopa en procedemento de contratación, e a piques de ser contratada, a obra de mellora da pista polideportiva de San Eleuterio.

A Xunta visita o centro residencial e ocupacionaldas Esclavas de la Virgen Dolorosa de Mos

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou o venres pola mañá o centro residencial e ocupacional da orde das Esclavas de la Virgen Dolorosa en Mos, dirixido a mulleres con discapacidade intelectual.

Rematado o estaquillado marcando as cesións que serían necesarias para completar a mellora da estrada Tameiga-Pereiras

O tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil mosense de Urbanismo, José Areal, informaron onte de que xa está realizado o estaquillado na Estrada Tameiga-Pereiras.