Sábado, 5 Xullo de 2025

Mos

A Asociación de Veciños de Dornelas mellora a eficiencia enerxética coa axuda da Xunta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou o local social da Asociación de Veciños de Dornelas para coñecer as melloras executadas co apoio da Xunta.

Mos implicará a miles de mulleres na programación para conmemorar o 8M

Onte pola tarde presentouse, no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, a programación que o Concello de Mos organiza para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A nova senda peonil en Dornelas será circular

Desde o Concello de Mos, a súa alcaldesa, Nidia Arévalo, informa do próximo inicio dun dos grandes proxectos incluídos no Plan Mos Humanizado da presente lexislatura: a senda de Dornelas ou senda Porselo-Brea.

A Xunta restaura a igrexa de Santa Baia en Mos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, comprobou nestes días, acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, o resultado das obras de restauración da igrexa de Santa Baia de Mos, que a Xunta apoiou cun investimento de máis de 65.000 €.

O TSXG falla favorablemente ao Concello de Mos e desestima o recurso sobre a recepción das obras da Urbanización de San Antoíño

O Concello de Mos vén de recibir a sentenza (de data 10/02/2023) favorable, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, de desestimar o recurso realizado por unha parte dos veciños de San Antoíño tras o fallo favorable ao Concello, do Contencioso Administrativo 3 de Pontevedra, sobre a Urbanización en outubro de 2021.

Mos acolle a 1ª fase de seleccións comarcais femininas do Campionato Galego de Fútbol

Esta mañá presentouse no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga o Campionato Galego de Seleccións Comarcais (Vigo, Pontevedra, Ourense, A Costa, Santiago, Lugo, Ferrol e A Coruña) que se disputará entre O Porriño e Mos o luns 20 de febreiro e o martes día 21.

Mos acada as 800 trampas instaladas contra as velutinas

O merendeiro de Santa Mariña, na parroquia de Pereiras, acolleu a entrega por parte do Concello de 400 trampas para vespas velutinas, adquiridos con fondos propios, como parte da campaña anual de prevención contra a velutina que desde fai anos vénse desenvolvendo por parte da administración local mosense.

O SUB-GES de Mos multiplica esforzos para dar servizo a Redondela

O Concelleiro de Emerxencias e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, respostou á Agrupación de Electores de Redondela (AER), que estes días manifestaban a súa vontade de que os Bombeiros de Vigo atendan ás urxencias do municipio redondelán, tachando de ineficaz o GES de Mos.

O Programa Integradode Emprego de Mos acada xa a súa oitaba edición

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, visitaron ,na Axencia de Colocación do Concello de Mos, aos participantes no Programa Integrado de Emprego.

Iniciada a obra de mellora da intersección do Alto de San Cosme cunha rotonda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia iniciou a pasada semana a obra de adecuación da intersección de San Cosme, na contorna do PK 7+600 na Estrada PO-331 Porriño-Gondomar, facendo un investimento por parte da administración autonómica de 47.968,53 €.

A reforma integral da biblioteca de Mos rematará en Abril

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron a biblioteca municipal cuxa reforma integral afronta a última etapa coa previsión de rematar en abril.

O Concello de Mos acomete melloras no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro responsable de Servizos do Concello, Baldomero Lorenzo, supervisaron esta semana xunto con membros da Entidade de Conservación do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña: o seu secretario e presidente de AEMOS, Manuel Castro, e o xerente da Asociación de Empresarios de Mos, Francisco Domínguez, os traballos de mellora das zonas comúns do polígono, que se están a acometer por parte da administración local mosense.