Venres, 4 Xullo de 2025

Mos

Tributo a Juan Pardo no Pazo de Mos

O vindeiro domingo, 16 de abril, o Pazo de Mos acollerá ás 18.00 horas, o Tributo a Juan Pardo a cargo de Antonio Barros, Lis Pardo, Ialma e Fernando Calderón.

Mos contará co seu primeiro Bacharelato Internacional no municipio ao implantar Los Sauces esta opción o vindeiro curso

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou o Colexio Europeo Los Sauces, onde o seu director, Alberto Álvarez Ferreira, e o coordinador do BI (Bacharelato Internacional), Albino Pombo Rodríguez, espuxéronlle o novo proxecto que porán en marcha o vindeiro curso escolar.

A Oficina Acelera Pyme – OAP Rural AEMOS ofrece xornadas gratuítas de dixitalización

Transcorridos xa dous meses desde que a Oficina Acelera Peme Rural de AEMOS comezou a súa fase de eventos grupais, na que se proxectan xornadas especializadas, sesións informativas e talleres de dixitalización, durante este mes programáronse tres interesantes xornadas que terán lugar os xoves 13, 20 e 27 de abril.

Charla sobre o autismo na infancia o 15 de abril na Axencia de Colocación de Mos

Desde a Concellería de Educación do Concello de Mos púxose en marcha, para celebrar o vindeiro sábado 15 de abril, en horario de 10 a 14 horas, unha charla para familias sobre o espectro autista.

Mos habilita amplia o espazo de estacionamento en Puxeiros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Areal, informaron de que xa se pode aparcar na parcela alugada polo Concello para habilitala como aparcadoiro en Puxeiros.

Mos “únese ao reto” da reciclaxe

A Xunta de Galicia e Ecoembes colaboran na cuarta edición da iniciativa Únete ao reto, que ten como obxectivo fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos en 11 concellos das catro provincias.

A semana que vén iniciarase a instalación do saneamento no Camiño da Coutada en Mos

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que o Concello de Mos xa ten contratada e adxudicada a acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”.

Mos remata as obras de seguridade viaria en Torroso e Tameiga

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que o Concello de Mos xa finalizou a acometida das obras de “Mellora da seguridade vial no Camiño do Cocho-parroquia de Tameiga e Camiño do Monte-parroquia de Torroso”.

Torroso inaugura o centro de día dinámico “O Son do Regueiro”

Esta fin de semana celebrouse a inauguración do Centro de Día da Comunidade de Montes Torroso “O Son do Regueiro”.

Mos transformará a parroquia de Sanguiñeda cunha humanización

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de anunciar que o Concello encargou a redacción do proxecto, que xa se atopa rematado e foi financiado con fondos propios municipais, para mellorar a seguridade e a accesibilidade na rúa Alcalde Segundo Pampillón.

Mos completará a humanización de Cela cunha actuación de preto de 240.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentou hoxe un gran proxecto de humanización na parroquia de Cela, que dá continuidade ao seu Plan Mos Humanizado que leva transformando o municipio e os diferentes espazos das 10 parroquias no Mos das persoas, nun municipio máis amable, cómodo e seguro para a convivencia entre a veciñanza, e con itinerarios peonís, cicloturistas e de tránsito de vehículos máis seguros e eficientes.

Mos inviste preto de 50.000 euros na renovación da cuberta do Pavillón Óscar Pereiro

Onte iniciouse a obra de reforma do tellado do Pavillón Municipal Óscar Pereiro,na parte que cubre a zona central, onde se atopan os vestiarios. O prazo de execución dos traballos de substitucion do material de cubrición é de 2 semanas e contan cun orzamento de 48.308,64 euros íntegramente financiados con fondos propios municipais.