Venres, 4 Xullo de 2025

Mos

Mos prepárase para a Festa da Rosa

Como antesala á Festa da Rosa, cuxa programación cultural dará comezo o vindeiro 9 de xuño, 14 asociacións culturais e veciñais acollerán por segundo ano consecutivo os cursos de Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea.

A Xunta licita a obra de humanización da contorna da ermida de San Eleuterio en Mos

A Xunta de Galicia acaba de licitar por preto de 900.000 euros a obra para a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, en Tameiga (Mos), tal e como recolle o convenio asinado o pasado marzo pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo.

O novo contrato do servizo de recollida de lixo en Mos entrará en vigor o vindeiro 1 de xuño

Desde o Concello de Mos infórmase de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia desestimou os recursos especiais en materia de contratación interpostos polo concelleiro do BNG e pola empresa URBASER, contra o acordo de adxudicación da contratación dun servizo de recollida transporte e xestión de residuos sólidos urbanos (Fracción Organica e selectiva) e a limpeza viaria no Concello de Mos, que fora adxudicado a FCC en Pleno do pasado 27 de marzo.

Celebración en Mos do Centenario do Celta

O Multiúsos das Pozas encheuse con preto de 400 alumnos do IES de Mos que participaron nun encontro con xogadores do RC Celta de Vigo nun acto que forma parte do programa “CelebraMos o Centenario” que arrancou o pasado 8 de marzo na Cidade Deportiva Afouteza, en Mos.

Mos presenta o 7º Canto Conto coa visita do ‘Digochiño’ da TVG

O vindeiro domingo Mos celebra, como cada ano no mes de maio, o festival infantil Canto Conto. Neste 2023 lévase a cabo xa a sétima edición que se presentou nos colexios mosenses CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos e Pena de Francia.

Mos contratará un censo para detectar posibles instalacións municipais con amianto e proceder á súa retirada

O Concello de Mos está a traballar na realización dun censo de todas as instalacións e emprazamentos municipais que poidan contar con amianto.

Bustamante actuará en Mos con motivo da Festa da Rosa

A Festa da Rosa cumpre, este ano, 50 anos trascorridos xa desde a primeira edición celebrada en 1973. E faino por todo o alto con David Bustamante como cabeza de cartel da programación.

A GolfManía de Pereiras regresa para celebrar a súa undécima edición

Onte presentouse, no salón de sesións do Concello de Mos ,a XI Edición da GolfManía en Pereiras. Será o día 17 de maio, festivo das Letras Galegas, desde as 09:00 horas e con xantar ás 14.30 horas no Restaurante Novo Arroio 2.

Cantigas tradicionais en Mos polo Día das Letras Galegas

O grupo Pelepau, xunto coa Banda de Música Xuvenil de Torroso, presentarán o vindeiro mércores 17 de maio un repertorio cos grandes hits da música popular galega, orquestadas polo recoñecido compositor Andrés Álvarez, nun concerto onde non faltarán sorpresas.

O Club Natación Mos organiza o X Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

A participación está destinada a escolares de toda a comarca, que nacesen entre o 2009 e o 2016, ambos os anos incluídos.

Preto de 200 ciclistas pedalearán na “VII Challenge Rías Baixas”

A sétima edición da “Challenge Rías Baixas” reunirá esta fin de semana a preto de 200 ciclistas. A proba, organizada polo club ciclista “Master da Louriña”, presentouse hoxe no Concello do Porriño.

O musicólogo Alan Lomax interpretado por Cantometrics en Mos

O arquivo de Alan Lomax é unha inesgotable fonte de melodías de gran parte do planeta no que Galicia ten un posto destacado. Acompañado de Jeanette Bell, o musicólogo percorreu o país gravando melodías, permitindo que hoxe en día coñezamos músicas que doutro xeito terían desaparecido. Son estes sons, gravados nos anos cincuenta, os que Cantometrics recolle e transforma empregando acordeón, marimba, percusións, zanfona, gaita e voz.