O Concello de Tui pon en marcha no día de hoxe a Oficina COVID a través da web municipal tui.gal. Trátase dun servizo específico de información e consultas relacionado coa actual situación derivada do estado de alarma polo COVID-19 dirixido a PEMES, autónomos e persoas traballadoras. Esta é unha medida acordada por unanimidade polos grupos municipais da corporación tudense.
O Concello de Tui vén de anunciar a suspensión de todos os eventos públicos culturais e deportivos, organizados polo propio Concello, até o 30 de xuño. Do mesmo xeito continuarán pechadas as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo, como a biblioteca, o teatro, a sala de exposicións, e os centros culturais municipais das parroquias, mentres non se dea unha situación favorable de acordo coas recomendacións das autoridades sanidades.
O Concello de Tui vén de ampliar en 600 metros cadrados o espazo do que dispón a Protectora de Animais Aloia. En concreto véñense de rematar as obras que permiten incrementar a superficie de patio da que poderán gozar os máis de cen cans que coidan.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove unha iniciativa para achegar os libros á cidadanía co gallo da celebración mañá xoves, 23 de abril, do Día do Libro, unha data para a que estaba programada a undécima edición de 'Tui Le', unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense (unha iniciativa á que este ano tiña previsto sumarse tamén a Biblioteca Municipal de Valença).
O Concello de Tui recibiu no día de onte corenta novos colectores para a recollida selectiva que se van distribuír polas parroquias. Coa adquisición deste novos contedores, que están fabricados con material reciclado refórzase a recollida e envases lixeiros nas parroquias logo de detectar un incremento importante no volume deste tipo lixo e a demanda destes colectores para o seu depósito.
'Cor de Festa' de Juan Diego Ingelmo Benavente, de Burriana, Castellón, foi o cartel ganador do concurso convocado polo Concello de Tui para anunciar as Festas de San Telmo 2020. O xurado valorou a calidade técnica e conceptual da proposta gañadora, o seu carácter orixinal e innovador, así coma o feito de recoller no deseño os valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo.
O Concello de Tui quere amosar unha vez máis "o seu agradecemento a todas as persoas que están a facer aportacións de diverso material de protección no actual estado de alarma no que nos atopamos derivado da crise do coronavirus". O Concello que preside Enrique Cabaleiro, quixo tamén facer extensivo ese agradecemento "a todas as persoas que están a traballar desinteresadamente na elaboración de diverso material de protección dende máscaras de protección ou mascarillas".
Ante o peche da Biblioteca Municipal de Tui, como medida de actuación ante a situación actual de contención da propagación dos contaxios por coronavirus, a concellería de Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente Solla, vén de informar dunha prórroga dos empréstito bibliotecarios. Todos os empréstito que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes.
O Concello de Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mediodía unha doazón de 3.500 luvas de nitrilo realizada polo futbolista J. Peleteiro do Aston Villa e do seu colaborador, o tudense Miguel Hermida. Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal.
'Memoria da Melancolía' é o título do concerto que o músico e investigador tudense Samuel Diz ofrecerá este sábado, 14 de marzo, ás 20:30 h no Teatro Municipal de Tui. Será a estrea do seu novo traballo discográfico que interpretará cunha réplica da guitarra de Federico García Lorca, que tocará por vez primeira neste concerto, evento que foi presentado este mediodía polo alcalde, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o propio Samuel Diz.
Un obradoiro, un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado e un taller de ioga e mediación centran esta semana a programación “Somos e seremos Inmarcescibles” coa que se está a conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.
A praza do Concello acolleu hoxe o acto institucional da campaña 'Somos e seremos Inmarcescibles' para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller. A lectura dun manifesto, poesía e a presentación dalgunhas das Mulleres Senlleiras 2020 centraron un evento que contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez; membros da Corporación municipal, representación de distintos centros educativos e público en xeral.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.